Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica

Días de gran movemento arredor do conflito laboral de Ferroatlántica, despois de coñecerse que na fábrica de Cantabria si se reactivan todos os fornos. 

Concentracion da CIG por unha Tarifa Electrica
Concentracion da CIG por unha Tarifa Electrica
Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica

Este venres 1 de marzo ponse en marcha o ERTE que a representación galega non asinou en Madrid. Non asinou, entre outras cousas, porque a CIG non considera legal que a mesa de negociaciación non se realizase en Centro de Traballo. E precisamente ese é un dos argumentos que esta mañá tres membros da CIG Costa da Morte (Alfonso Mouzo, Pedro Pérez e o secretario xeral Paulo Carril) xunto con dous representantes de Sabón, trasladaron á Inspección de Traballo.

Os representantes trasladaron á Inspección toda a argumentación ante unha Inspección que ten que valorar se houbo algún tipo de irregularidade ou fraude. Terá que facer un informe o Ministerio de Traballo, que en todo caso, trala reforma laboral do PP, non será vinculante para impedir o ERTE. O que si que pode modificar certas cousas do ERTE, e si poderá abrir o procedemento xuducial que pode levar acabo a CIG.

Quedarán xa en Madrid, pois este venres 1 de marzo o Comité reuniranse co Director Xeral de Industria do goberno estatal, trala negociación do PSdG de Cee. Unha Dirección Xeral que seguramente informarán de estar traballando no estatuto electrointensivo, que intentarán sacar antes das eleccions do 26 de abril.

Nova concentración por unha Tarifa Eléctrica

Este venres 1 de marzo continúa o calendario de mobilizacións da CIG (activo dende 2014) por unha “Tarifa Eléctrica Galega Xa para a industria electrointensiva, e en defensa do emprego”. A cita, ás 12:00h diante da fábrica de Brens.

Denuncia de Unión Cidadá

Ao lío métese de cheo Unión Cidadá Galega. O grupo de Víctor Somoza vén de presentar un escrito de denuncia ante Augas de Galicia contra a empresa Ferroatlantica por entender que non está a cumprir os requisitos da concesión da explotación das centrais hidroeléctricas do Xallas. Somoza, toma un dos argumentos da negociación, e faise valer da sentenza de decembro de 2017 na que Augas de Galicia confirmaba a vinculación entre a explotación hidroeléctrica e a viabilidade das fábricas de Cee e Dumbría, impedindo a venda das centrais, para denunciar que está tendo lugar “un fraude de lei, unha causa simulandi, é dicir, unha apariencia de cumprimento dos requisitos e condicións as que están obrigados pola transferencia da concesión, ausencia de boa fe contractual e demais requisitos legais que producen a presunta invalidez e nulidade da concesión“.

Por tanto, solicitan a “rescisión e rescate da concesión e se cree mediante os instrumentos xuridicos existentes unha entidade publica composta pola Xunta de Galicia e Concellos implicados para xestionar os recursos hidroelectricos e vinculados coas ferroaleacións e así volver a ter un funcionamento total de todos os fornos e as fábricas coas conseguintes recontratacións e ter o maior numero de traballadores nas fábricas de Cee e Dumbria e lograr a reinversión dos beneficios na comarca da Costa da Morte para reinduatrializala”.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios