A Costa da Morte perde dúas das históricas praias con Bandeira Azul
Camariñas, Carballo e Ponteceso ratitican a súa aposta polos distintitivos de calidade
Esta mañá, aAsociación de Educación Ambiental y del Consumidor acaba de publicar a relación de praias, portos, sendeiros e “centros” (a novidade este curso), que lucirán Bandeira Azul este verán de 2019. Un momento ao que a Costa da Morte sempre está atenta tendo en conta a importancia do sector turísitico na comarca, e a repercusión que implican estes distintivos a nivel estatal. Un distintivo que, pola contra, ten unha marea de esixencias a nivel municipal.
Galicia mantén a segunda posición, detrás de Valencia, como unha das primeiras comunidades da península (cómpre ter en conta o maior número de quilómetros de costa do noso litoral) con 107 praias con Bandeira Azul e outras 62 bandeiras entre portos deportivos, sendeiros e aulas e centros da natureza.
Na Costa da Morte, dúas históricas praias como eran as de San Francisco (Muros) e Laxe, perden o distintivo de calidade. En Muros, saíu denegada a petición, en principio por un problema herdado do verán pasado, cando xa non puideron izar a Bandeira por non conseguir os socorristas necesarios para cumprir os requisitos. En Laxe foron as "inasumibles" esixencias medioambientais cas dunas as culpables da retirada.
Polo lado positivo, os concellos de Dumbría, Camariñas, Ponteceso e Carballo manteñen a súa aposta por cumprir os requisitos. O dous concellos bergantiñáns son os máis comprometidos con 3 bandeiras por termo municipal.
Camariñas e Carballo manteñen os selos para os seus Sendeiros, o Sendeiro Costa da Morte camariñán e a Senda do Mar Razo-Baldaio.
Ademais, Camariñas repite o distintivo de Centro Azul coa inclusión do Museo Man de Camelle.
PRAIAS CON BANDEIRA AZUL DA COSTA DA MORTE 2019
Dumbría | Ézaro |
Camariñas | Arou |
Ponteceso | Valarés Ermida Osmo |
Carballo | Razo Saíñas Pedra do Sal |
SENDEIROS AZUIS DA COSTA DA MORTE 2019
Sendeiro Costa da Morte | Camariñas |
Senda do Mar Razo- Baldaio | Carballo |
Centros Azuis da Costa da Morte
Camariñas Museo Man de Camelle
NOVAS RELACIONADAS
- 2019: As "inasumibles" esixencias da Bandeira Azul da praia de Laxe
- 2018: 10 praias, 2 sendeiros e 2 portos da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- 2017: As praia de Arou e 3 areais pontecesáns amplían a 10 as Bandeiras Azuis da Costa da Morte.
- 2016: A Costa da Morte mantén as súas 6 bandeiras azuis.