Martes. 13.04.2021
El tiempo

Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Sinatura dixital e videoreunións, vídeoactas…

Continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba.
Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…
Faladoiro feminista nos #DirectosQPC sobre o mercado laboral
Faladoiro feminista realizado por zoom nos #DirectosQPC
Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Sinatura dixital e videoreunións, vídeoactas…

VIDEOREUNIONS, VIDEOCONFERENCIAS, VIDEOACTAS

Parece un dos gran descubrimentos da pandemia, pero non hai nada novo. Xa todo existía, en diferentes formas e con diferentes opcións. Agora, ata parece incríble que moita xente non vira nunca no guasap ese icono da cámara de vídeo que lle permitía facer videochamadas, que nunca o utilizaran, pero que sempre estivo aí, ao lado do icono do teléfono. Ata aparece incrible non pulsalo por erro algunha vez o intentar facer unha chamada.

A tecnoloxía, en moitos casos sinxela, e noutros xa desfasada para videoconferencias, videochamadas ou incluso videoactas con sistemas de fe documental para actos legais, foi tamén descuberta por moitos usuarios, e incluso pola propia administración, coa pandemia. Pero xa todo estaba aí.

Apliacións como Skype xa eran coñecidas e veteranas, outras menos, como Teams, Meet ou Zoom que foi das que máis se popularizou na pandemia. Pero parece incrible que nunha aplicación tan popular e masificada como o wuasap, que millóns de persoas non se enteraran antes da pandemia que o lado do icono do teléfono para chamar había un icono dunha cámara para facer videochamadas, e que ademais se podían facer con varias persoas a vez.

Outras apps como Periscope, que no seu momento foi a app por excelencia para transmitir vídeos en directo, pasara a un segundo plano, ata a súa defunción fixada para marzo de 2021, a medida que Twitter, o seu propietario desde facía seis anos, implementaba as súas funcionalidades directamente na súa app nativa e a migración de moitos usuarios a outras plataformas que xa existían pero que a xente non descubrira.

Na administración a grabación de plenos era residual e pouco máis que Santa Comba grababa plenos, un adiantado na posta en marcha de temas tecnolóxicos por medio do seu departamento audiovisual e multimedia, despois de que o alcalde do momento, José Antonio Ucha, no seu segundo mandato vira certas necesidades neste sector e aproveitara a maña e vontade dun grupo de traballadores que se afanaron en poñer en marcha e manter vivo un sistema que vai desde grabación de plenos e xestión de redes sociais, ata diseño gráfico de cartelería, folletos, modelos de impresos, pasando por control de sistema de telefonía, seguimento de redes de fibra óptica, tdt, control de videopantallas, equipos de sonido ou sistema de avisos por wuasap, ata incluso de publicación de esquelas con colaboración coas funerarias.

Pero aínda así, Santa Comba non transmite os plenos en directo vía streming, e só os subía a youtube, eso si, despois dun intenso traballo nocturno de edición para que os veciños tiveran o pleno a súa disposición a primeira hora da mañá seguinte.

De repente os concellos déronse conta que xa desde antes da pandemia contaban cun servizo de videoactas que a Deputación ten a disposición dos concellos dentro do seu servizo informático de asistencia a municipios, pero que non usaban. Con este sistema os concellos poden facer grabacións de plenos e comisións que se suben a unha plataforma interna de uso restrinxido cunha serie de metadatos e criptografía que lle dan a proba documental validez legal como si tivera sinatura dixital. E non só é a grabación, senón o evitar ter un funcionario semanas e semanas cuns auriculares para reproducir en papel as palabras dos concelleiros nun pleno que dura horas.

Tamén da noite para a mañá os altos mandatarios do país, deixaron á marxe costosos desprazamentos de avión, manutención e de hoteis e os cargos autonómicos xuntábanse co goberno da nación por medio de sinxelas, económicas e efectivas videoconferencias que ian poñendo en práctica ata o alcalde do máis pequeno concello do país, ata o punto de que, tanto a Xunta de Galicia, como a Deputación da Coruña, comenzaron a utilizar de forma masiva estos sistemas para as xuntanzas con alcaldes.

E todo gracias a utilizar unhas tecnoloxías que non naceron coa pandemia, senón que xa existían desde fai moito tempo pero que non se utilizaban, ou que, o seu uso era residual.

Agora na nosa vida xa soan de forma habitual aplicación como Teams, Skype, Meet ou Zoom.

SINATURA DIXITAL

dni-electronico

Tamén é outro dos recursos tecnolóxicos que xa existían, incluso a levamos no bolsillo de forma permanente dentro do DNI. Pero a nivel particular moi poucos a utilizaban. Agora na pandemia a xente douse conta que para facer un trámite administrativo online é imprescindible a sinatura dixital.

Tampouco a sinatura dixital apareceu coa pandemia. Xa levaba entre nós instalada bastante tempo, pero quizais o descoñecemento deste recurso por unha parte da poboación veña dado porque a tramitación dixital é obrigatoria para todo o sector empresarial, profesional e asociativo (empresas, colexios oficiales, clubes deportivos, entidades culturais, federacións, asociacións de veciños, etc) que pretenda realizar trámites coa administración. Só hai unha excepción, as personas físicas, que poden optar pola tramitación dixital ou pola presencia na propia oficina. Co cal o cidadán case sempre optaba pola tramitación presencial, que non necesita sinatura dixital. Aínda que, tamén hai que dicilo, facendo acto de presencia nunha administración os funcionarios fan igualmente a tramitación de forma dixital sen quedarse con ningún papel. Polo tanto a tramitación dixital é plena.

Foi coa pandemia cando moitas personas físicas intentaron realizar trámites coa administración de forma online e atoparonse con que non tiñan sinatura dixital, algo imprescindible para poder dar ese último paso do proceso dunha tramitación dixital, como é a aceptación final polo cal se obtén o número de rexistro dun expediente, unha vez que o cidadán deixa constancia por medio da sinatura que di ser quen é.

Según nos informan nos concellos, as persoas físicas sempre foron remolonas á hora de obter a sinatura dixital, e por moito que en diferentes ocasións se lle informaba e advertia que era necesaria para diferentes trámites, sobre todo os realizados via online desde a casa, poñían todo tipo de desculpas para non obtela. A pesar de que todos levamos por defecto unha sinatura dixital no noso bosillo. Non é outro que o chip dixital que incorporan todos os Dnis. Só que ese chip vén desactivado por defecto e hai que activalo nas comisarías de policia. É un sinxelo trámite nunhas máquinas tipo caixeiro que nos xeneran unha clave para funcionar co dni con sinatura dixital de forma similar a unha tarxeta bancaria para operar e sacar cartos dun caixeiro.

Pero a sinatura dixital aínda é unha gran desconocida, incluso entre os propios membros da administración pública, que igualmente que os cidadáns meten na mesma denominación de sinatura dixital diferentes formatos de autentificación personal electrónica, que é realmente o que se persegue. Pero non todas son iguais, non todas serven para o mesmo, e non todas serven para todas as administración. Incluso están recoñecidos os selos dixitais.

Incluso moitos profesionais, dudaban, e aínda dudan de que unha factura dixital en formato pdf xerada dentro do propio ordenador en populares programas como word ou oppenofice, con sinatura dixital sexa válida si non se imprime. Así fan un triple traballo, o facer a factura en dixital, asinándoa dixitalmente, imprimíndoa posteriormente, para asinala de forma tradicional e acabar escaneándoa para enviala por mail. Unha retahíla de procesos, innecesarios, inútiles, que invalidan todo o proceso dixital, cando o simple feito de imprimila é cando fai que perda todos os metadatos dixitais de validez.

No caso das administacións públicas esta situación xa dou fai anos un paso máis, ao ter que facer a propia factura dentro dunha plataforma dixital, a denominada FACe, como punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado que pon a disposición de todos os concellos de España. A plataforma, de uso obrigatorio, entre outros, ten dous obxectivos que crean controversia entre os empresarios e autónomos. Por un lado está a comodidade de poder tramitar todo de forma online sin saír da propia oficina ou da do propio domicilio en traballo online ou teletraballo. E por outro está que a plataforma é de xestión do Estado, que no caso de facturas é falar da Facenda Pública, un control máis sobre as financias das empresas e autónomos, que cando tramitan a factura nun concello o primeiro que se entera desa tramitación, antes que o propio concello, é a propia Facenda do Estado. Neste senso, dalgún concello tamén nos din que cando a algún autonómo se lle dixo que non se podía presentar máis factura en papel, e que, só podían tramitarse en forma dixital na plataforma correspondente, decidiron deixar de traballar cos concellos, non sin antes intentar de múltiples formas seguir presentando a factura en papel. Son as concesecuencia da economía sumerxida que tamén falamos con anterioridade.

Tamén, como todo o dixital, hai que dicir que non todas as administracións do país seguen o mesmo ritmo de dixitalización, pero esta situación na provincia da Coruña está totalmente implantada e os traballadores totalmente familiarizados con ela.

Sen entrar en profundidades técnicas nin noutras diferentes variedades, como os selos dixitais, existe tres tipos de certificación de sinatura dixital, máis unha a maiores que ten a Xunta de Galicia.

- Clase 2: Pódese dicir que é o certificado de sinatura dixital xeral para calquer usuario. Non necesita ningún aparato tecnolóxico extra para a súa lectura e pódese utilizar en calquer soporte como ordenadores ou teléfonos. Pódese trasladar por medio de pen drives. Obtense nas oficinas de Facenda ou da Seguridade Social

- DNIe: Realmente o Dni xa non existe, xa todos levan o apelido “e” de electrónico. Todos traen incorporados por defecto unha certificación de sinatura dixital, que non é outra que o chip electrónico. Por defecto ven desactivado, e pódese activar de forma sinxela nun breve proceso que non leva máis de dous minutos nunhas máquinas tipo caixeiro que hai nas comisarías de policía. Unha vez activado funciona de forma similar a unha tarxeta de crédito nun caixeiro ou tpv. Para poder utilizalo é necesario un lector específico conectado ao ordenador, que no mercado pódese adquirir por un precio que está entre os 6 e os 10 euros. Esta circunstancia deixao en desvantaxe respecto ao certificado de clase 2, pero xa está en desenvolvemento un novo dni para poder levar de forma total e absolutamente dixital no móbil, incluso cunha aplicación para diferentes usos. Durante a pandemia detectáronse diferentes carencias no sector dixital, co cal se estableceron diferentes accións con fortes partidas económicas, entre as que se atopa este tipo de DNIe.

- AC representante. É como o certificado clase 2, coa diferencia de que o clase 2 e personal e o do representante, como propio nome indica pódese utilizar por varias persoas que exerzan como representantes dunha empresa ou entidade, incluso por parte dun xestor que exerza de representante da entidade. Mentras o Clase 2 o seu titular o pode utilizar sin ningún tipo de limitación tanto no aspecto persoal como profesional, o de representante só é válido para uso de empresas e entidades. En calqueira caso hai que ter en conta que para diferentes trámites, e por parte da entidade que xestiona un expediente, pode non admitir o de representante e esixir o relacionado de forma persoal co presidente, secretario, tesoureiro ou outro cargo da empresa ou entidade. Por elo, non se debe optar de forma exclusiva por un ou outro, senón ter os dous para facer o uso que proceda en cada momento. Igualmente que o clase 2 obtense nas oficinas de Facenda ou da Seguridade Social.

- Chave 365. Permite aos ciudadans maiores de idade e a os/as menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sin necesidade de usar certificados dixitais ni DNI electrónico. Coa Chave365 a persoa usuaria dentifícase co seu NIF e clave persoal e asina electrónicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil. Só se pode utilizar na administración dependente da Xunta de Galicia e pódese obter nos Centros de Saúde ou nas oficinas das Cámaras Agrarias. É o certificado que, por exemplo, a xente utiliza para presentarse a oposicións ou procesos selectivos convocados pola administración galega. Ademais, polo feito de expedirse no Centros de Saúde ou Cámaras Agrarias, é o certificado cuia tramitación está máis próxima ao cidadán sin ter que desprazarse a capitales de provincia ou cabeceiras territoriais.

Todos eles, independentemente de que organismo o xestione e de onde se expidan están tutelados pola FNMT-Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Dicir tamén que todos teñen caducidade e que hai que renovalos en determinados períodos.

Outros como o Cabildo da Catedral de Santiago implantou un sistema propio para obter a credencial xacobea por medio de selos dixitalizados e validados por medio de códigos QR que os peregrinos atoparán en parroquias, albergues, igrexias ou asociacións de amigos do camiño para incorporalos de forma dixital a tamén credencial dixital que poderán levar no seu teléfono móvil como constatación de recorrer as diferentes etapas da ruta que conduce a cidade do apóstolo.

Serie “Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia”

Outras reportaxes sobre Leis

comentarios