Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A cultura, o deporte e a festa como motores económicos
Continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba.
Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…
A cultura, o deporte e a festa como principais motores económicos
Moito protestamos cando unha estrada ten fochanca ou unha farola non funciona. Máis protestamos aínda cando o concello lle dá unha subvención ás festas e a farola e a fochanca queda sen arranxar. Pero coa pandemia démonos conta que cun "bache" máis ou menos ou cunha farola fundida podemos seguir vivindo, pero sin festas, sin cultura, sin deporte e sin toda “a carallada que temos montados os galegos” os cartos non circulan, o pobos quedan sin vida, os negocios morren e a xente marcha, e cando marcha, nen sequera volve as festas porque xa non as hai. Con isto non queremos dicir que non haxa que arranxar as estradas e as farolas, pero coas festas compramos roupa e zapatos, comemos fóra, imos de viños, imos a peluquería, compramos peixe ou carne, facemos churrascadas, encargamos na panaderías grandes tartas e empanadas, e poderíamos seguir con multitude de exemplos que moven a economía.
Multitude de veces despotricamos contra o alcalde ou concelleiro de turno por inxectar inxentes cantidades de cartos a todo tipo de actividades culturais e deportivas. Era moi habitual escoitar a famosa frase de “si arrejlaran as farolas e as estradas íanos ir mellor en vez de tanta carallada”, e ademais era un dos temas que máis enfrontamentos provocaba nas sesións plenarias entre gobernos e oposición.
Pero chegou a pandemia e démonos conta de que esta non é zona de gran industria e grandes fábricas, e que a vida municipal do comercio, do autónomo, da hostelería, do bullicio municipal e da activación da economía pasa en gran parte por unha boa programación cultural, deportiva e de festa.
Non nos fai falla preguntarlle ao sector o que lle supón para a economía do seu negocio o non ter grandes actividades que congregan a miles de persoas como a Festa da Carballeira en Zas, Asalto o Castelo en Vimianzo, Cabalgata en Santa Comba, Festas do 15 en Laxe, a Xunqueira en Cee, a Barca en Muxía, Encaixe en Camariñas, O Cristo en Fisterra, Medieval en Corcubión, San Xoán en Carballo, Volta Ciclista a España no Ézaro e Muros, Ciclo de Carreiras Populares, Semana Santa, Camiño dos Faros, entroido, automonilismo ou moitas outras que se nos veñen a cabeza.
Soamente unha simple verbena, voda, bautizo, comunión ou comida de empresa, move a economía no sector cárnico, pesqueiro, panaderías, enerxético ou de venda de moda, entre outros. Dicía fai pouco un autónomo que a xente non se formula comprar calzado sabendo que estará na casa a maior parte do tempo, como foi coa pandemia.
Veu a pandemia e démonos conta que con medio alumeado público fundido e unha estrada con multitude de fochancas podemos vivir, pero sin actividade pública deportiva, cultural e festiva, máxime cunha cultura tan socializable, familiar e de amistade como a nosa, e toda a unha industria ao seu arredor, toda a economía se desmorona.
Boten contas, ou máis ben, que as boten quen está a fronte de festas, papeleos, autorizacións, xestorías, axentes de espectáculos, orquestras, bandas de música, gaiteiros, hostelería, restaurantes, empresas de autobuses, taxistas, roupa, calzados, cosmética, perruquería, alugueres de vivendas, panaderías, estacións de servizo, supermercados, distribución de bebidas, mariñeiros, etc, etc. Todo é unha cadea relacionada coa vida social, festiva, cultural, deportiva ou turística, e que, arrastra a case todo o demais.
Serie “Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia”
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Traballar en B pode ser bo… pero moi perxudicial.
- A despregadura da fibra óptica fóra e dentro da casa.
- As leis que por si mesmas non existen.
- A farsa da Galicia perimetrada por Concellos e os ríos como límites territoriais
- As xestións telemáticas e o teletraballo.
- Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.
Outras reportaxes sobre Leis
- Xaneiro 2021: A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural:
- Xaneiro 2021: Carta dun autónom@: "A Crónica dunha morte anunciada, a do comercio local”.
- Novembro 2020: A Xunta amplía os horarios para o ocio nocturno (en tempos de normalidade).
- 2018: Como afecta a nova Lei de Espectáculos Públicos ás verbenas populares?.
- Maio 2020: Pode ser a esquecida Lei de Espectáculos Públicos unha referencia para controlar aforos?.