Martes. 19.03.2024
El tiempo

COVID: 11 concellos contarán a partir do sábado con novas restricións

datos covid Costa da morte 1 de agosto 2021
COVID: 11 concellos contarán a partir do sábado con novas restricións

A reunión deste martes do Comité Clínico deirva en novas restricións para varios concellos da comarca. A partir deste 7 de agosto xa serán 11 (e non 7) os Concellos con certo tipo de restricións.

Muros mantense no Nivel Máximo.
No nivel Máximo, os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir ao 30% no interior (previa acreditación inmunidade) e as Terrazas ao 50%. O lecer nocturno so permite permitido terrazas ao 50%, ata ás 01.00 horas.

No Nivel Alto, ademais de Carballo e Fisterra, tamén pasarán a estar A Laracha e Cee.
Neste Nivel os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir o onterior 50% (previa acreditación inmunidade) e e as terrazas ao 50%. O lecer nocturno so permite permitido terrazas ao 50%, ata ás 01.00 horas.

No Nivel Medio pasan a estar xa: Coristanco, Laxe, Vimianzo, Muxía, Corcubión e Carnota.
Neste nivel, os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir o Interior ao 50% (sen acreditación e as Terrazas ao 50%, e o lecer nocturno ten permitido o acceso ao interior ao 50% (previa acreditación inmunidade) e terrazas ao 100%, ata ás 03.00 horas.

VACINACIÓN

Mentres, continúa o proceso de vacinación na área sanitaria. Se ben hoxe luns non se vacina, o martes serán 600 os mozos e mozas de entre 20 e 29 anos que recibirán a primeira dose de Pfizer no HVDX. No CHUAC poranse 8.081 vacinas tamén a repescas, Erasmus e a autocita de [email protected] mércores 4, segunda dos de Pfizer para 254 persoas de entre 30 e 39 anos en Cee, e 5.243 no CHUAC (con respescas e autocitas). O xoves repítense as cifras do martes; o venres non se vacina e o sábado repítense as cifras do mércores.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios