Mércores. 24.04.2024
El tiempo

COVID: A Costa batalla a escalada da 5ª onda

Captura de pantalla 2021-08-02 a las 10.55.37
COVID: A Costa batalla a escalada da 5ª onda

Segue medrando o impacto desta 5ª onda do covid 19 na Costa da Morte, cos 7 concellos xa coas restricións activadas. O balance da última semana reflexa máis dun centenar de casos máis detectados na última semana (case 600 foron declarados onte polos 472 do día 25 de xullo). A taxa de incidencia media ronda os 450 novos casos destectados nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes, se ben concellos de Carballo, Cee, Fisterra, Corcubión e Muros mantéñense cunha taxa que supera con creces os 500.

En calquera caso semella que nos últimos 4 días a tendencia baixa algo, e por exemplo parece que Carballo consegue frear a escalada, e baixa 23 casos nos últimos 4 días. Vimianzo tamén baixa lixeiramente pero Laracha, pola contra, sube 20 casos na última semana.

Preocupa tamén agora a comarca de Fisterra, con 45 casos máis que hai unha semana, con Cee e Fisterra á cabeza.

datos covid Costa da morte 1 de agosto 2021

Vacinación

Mentres, continúa o proceso de vacinación na área sanitaria. Se ben hoxe luns non se vacina, o martes serán 600 os mozos e mozas de entre 20 e 29 anos que recibirán a primeira dose de Pfizer no HVDX. No CHUAC poranse 8.081 vacinas tamén a repescas, Erasmus e a autocita de moz@s.O mércores 4, segunda dos de Pfizer para 254 persoas de entre 30 e 39 anos en Cee, e 5.243 no CHUAC (con respescas e autocitas). O xoves repítense as cifras do martes; o venres non se vacina e o sábado repítense as cifras do mércores.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios