Martes. 23.04.2024
El tiempo

COVID: Queixas na comarca polo retraso na segunda dose

A curva de novos contaxios segue subindo, con Carballo, Vimianzo, Fisterra e Muros con taxas moi altas
Curva Covid Costa da Morte
COVID: Queixas na comarca polo retraso na segunda dose

O proceso de vacinación está a funcionar con normalidade en toda Galicia. Porén tamén hai algún furado no que se perden pautas habituais, como é o caso de varias veciñas de Concellos como Cabana, Coristanco ou mesmo Zas.

Unha serie de persoas de entre 40 e 45 anos da nosa comarca recibiron a primeira dose de Pfizer o 18 de xuño en ExpoCoruña. Confírmannos que tamén acontece con algunha persoa de Corcubión, que foi convocada ese mesmo día, sorprendentemente tamén na Coruña. Uns retrasos pouco habituais unha vez que normalmente o Sergas convoca con exactitude a segunda vacina 3 semanas despois, pero no caso destas veciñas pasan xa das 5 semanas sen recibir nin dose, nin sequera mensaxe.

”Estamos cansadas de poñer reclamacions nos famosos teléfonos... cando nos collen, claro; e de chamar aos centros médicos que o único que nos din é que temos que esperar”, sinalan lembrando que agora en Concellos como Carballo é necesario presentar o certificado de vacinación para acceder, por exemplo, ao interior de restaurantes. “Dá a impresión de que nos ignoran”, lamenta unha das afectadas.

Dende o Sergas aseguran descoñecer os casos concretos, e sinalan que “para nada son habituais estes retrasos”. Explican que as “repescas” (a segunda chamada para xentes que non puideron acodir á primeira convocatoria) están levando moito tempo, e que a ubicación das persoas non ten nada que ver coas chamadas.

Programa de vacinación semanal

Semella que esta semana tampouco lles toca, pero o Sergas informa do programa para esta semana na área sanitaria:

Se ben o uns non se vacina, o martes 27 recibirán a 1ª dose de Pfizer as persoas de entre 30 e 39 e 20 a 29 anos, ademais de repescas, Erasmus, e da autocita dos moz@s de entre 16 e 19 anos. Serán 7.581 doses en ExpoCoruña e 1.003 no Hospital Virxe da Xunqueira.

O mércores será para administrar a 2ª dose de Pfizer aos de entre 30 e 39 anos (10.200 no ExpoCoruña Cee: 553).

O xoves, 1ª dose para os de 20 a 29 años (ademais de repescas, Erasmus e Autocita), dándose 5.081 no ExpoCoruña e 503 en Cee.
O venres e o sábado non se vacina, porque non hai vacinas suficientes.

A curva segue subindo

Da orde de 1.400-1.500 novos casos son dianosticados cada día en Galicia, unha cifra só comparable á curva de xaneiro, xa que a taxa de positividade, do 15%, é a máis alta dende marzo de 2020, cando as PCR eran pouquísimas.

Na comarca, son xa 472 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días, 130 máis que hai apenas 5 días. A taxa de incidencia acumulada a 14 días subiu 100 puntos dende o día 20, chagando xa aos 360 casos por cada 100.000 habitantes, sendo Muros ou Fisterra os que teñen a taxa máis alta por riba dos 700. Vimianzo e Carballo rondan 500.

Veremos pois se hai máis novidades nas resrticións, unha vez que por agora son Carballo, Fisterra e Vimianzo os que están en nivel alto.

Datos Covid Costa da Morte xullo 21

Certificado

Lembren o lío que hai que facer para descargar o certificado dixital de vacinación para telo sempre no móbil. Se ben os que se vaian á vacinarse poden sacalo en papel no mesmo espazo, para descargalo no móbil teñen que acodir ao Centro de Saúde para activarque a chave 365 ou o certificado dixital (previamente xestionado a través da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre). Unha vez activados no voso móbil, cómpre descargar a APP PassCovid ou Sergas móbil.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios