COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX

Continúa o COVID aumentando o seu impacto na comarca. Cobra máis sentido que nunca facer caso das recomendacións do noso epidemiólogo de cabeceira, o muradán Juan Jesús Gestal Otero, que nos invita a manternos o máis confinados posibles. Porque os datos deste 8 de novembro sinalan que son 7 Concellos en Alerta Vermella (Nivel 3) na Costa da Morte.
Ademais, outro dato preocupante son os 19 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira por COVID, a cifra máis alta dos últimos meses.
- Nivel de Alerta 3 (con máis de 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Santa Comba e Cee.
- Nivel de Alerta 2 (entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Coristanco, Zas Laxe, Muros e Camariñas.
- Nivel de Alerta 1 (entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): A Laracha e Muxía.
Só so 5 os concellos sen alarma sanitaria: Fisterra, Corcubión, Dumbría, Mazaricos e Carnota.
Evolución
Ollando as táboas do SERGAS, vemos como o número de persoas diagnosticadas a través de PCR xa é máis alto que durante os meses máis duros da pandemia, pero a taxa de infeccións por test PCR realizados aínda está lonxe daqueles días de finais de marzo e principios de abril, cando se chegou a un 33% de infectados, manténdonos agora arredor do 9%.
Ademais, outros datos singulares a nivel galego é que o 54,3% das persoas positivas son mulleres, e que o 90,7% das persoas falecidas son maiores de 70 anos.
Entrevista
Máis novas do COVID
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2