A creación audiovisual, protagonista deste singular #25N

Este singular 2020 non teremos grandes manifestacións polo Día Internacional da Violencia de Xénero. Algunha concentración convocada a nivel municipal, (repasamos as citas convocadas polas sociais) e moitas accións na rede. Entre as intervencións hai destacar a proposta deste ano da Deputación da Coruña, De Fronte, con contos, palestras… ademais do proxecto proposto pola nosa Palmira Castro, mimadriña, Sira e Illa, unha historia de cans, barquiños de papel e a illa da Lobeira, que teremos en aberto ata hoxe:
Outras das accións que máis nos presta deste 25N é o vídeo realizado polo proxecto do GDR, no marco da campaña “A Costa das Mulleres”, “Na Costa da Morte rompemos o silencio”:
Fermosos son os vídeos do proxecto
E por Corcubión trouxéronnos este #Eusonmiña.
Concentracións en Carnota e Carballo convocadas pola cidadanía
A situación impide que algunhas das asociacións feministas que protagonizaron a data durante os últimos anos, fiquen en silencio, ao non teren capacidade de mobilización sen poder xuntarse a pensar, a armar accións.
Así e todo algunhas sacaron forzas. Por exemplo, Buserana organiza unha exposición na Praza 8 de marzo en Cee. Tamén a carnotá Sonlilá, foi lembrando pola rede as máis de 40 mulleres asasinadas nos últimos 12 meses, e convoca á veciñanza este mércores ás 12:30h para ver a exposición, “As nos na memoria”.
Igualmente, o Círculo Feminista de Carballo volveu á rúa dende que o pasado mes. Fíxoo trala absolución dun home, que fora denunciado por Silvia, unha veciña de Carballo que tivo a forza de denunciar, e fíxoo para apoiala e demostrarlle que non está soa.
O Círculo invita a saír hoxe mércores ás 19:30h ás fiestras e balcóns para facer uns minutos de ruído.
Datos do CIM de Carballo
Coincidindo ca data, o Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo comparte os datos de 2019, nos que o número de usuarias (de Carballo, pero tamén de Ponteceso e Malpica) medrou nun 10,44%. Un dato que ten dúas lecturas, pois ao mesmo tempo invita a pensar que cada vez son máis as mulleres que se deciden a pedir axuda a este servizo individual, gratuíto e confidencial..
Os datos estatísticos revelan que o perfil tipo da usuaria do CIM é unha muller de 25 a 64 anos, casada, con estudos básicos e sen emprego.
A meirande parte, 526 consultas, solicitan atención psicolóxica; outra parte importante, 360, fano por asesoramento xurídico; só unha pequena parte, 68, requiren atención a vítimas de violencia de xénero.
Actividades do #25N
- DUMBRÍA: Dumbría rompe o silencio e ponse De Fronte as violencias sexistas.
- SANTA COMBA: Santa Comba di NON ás violencias cunha concentración silenciosa.
- FISTERRA: Ruta polo #25N: A Fisterra non lle pilla o machismo.
- CORCUBIÓN: : Carballo mobiliza unha manifestación dixital polo #25N.
- CARNOTA: Carnota #FALA.
- CEE: Os Bolechas protagonizan o 25N de Cee.
- LARACHA: Selfies, comics, bolsas e teatro para o #25N da Laracha.
- CORCUBIÓN: Corcubión centra as accións do #25N no CEIP Praia de Quenxe e no IES Fernando Blanco.
- VIMIANZO: Un Concurso de microrrelatos para mirar "De fronte" á violencia de xénero en Vimianzo.
- MUROS: Teatro de igualdade para o 25N de Muros.
- CORISTANCO: En Coristanco, “nin unha cadeira máis baleira” polo #25N.