Dumbría rompe o silencio e ponse De Fronte as violencias sexistas

Continuamos repasando as accións municipais contra a Violencia de Xénero. Xa vimos a campaña global á que están adheridos os Concellos da comarca, e liderada polo GDR Costa da Morte, que trata de romper o silencio que nos fai cómplices.
Ademais, a campaña da Deputación da Coruña, De Fronte, que fai propia o Concello de Dumbría. Un Concello que aproveita para mirar atrás, e lembrar que este 25 de novembro de 2020 cúmprense 60 anos do asasinato das irmás Mirabal pola dictadura dominicana de Rafael Elónidas Trujillo, data pola que, 21 anos despois, se instaurou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Dumbría lembra tamén as 45 mulleres que foron asasinadas nos últimos 12 meses, así como os preocupantes resultados da Macroenquisa de Violencia contra a Muller 2019, que constatan que a metade da poboación feminina maior de 16 anos ten sufrido violencia machista en algún momento da súa vida.
Así, o Concello invita a gardar Un Minuto de Silencio, o mércores 25 de novembro ás 12.00 horas, para visibilizar publicamente o compromiso do Concello de Dumbría e de todos os veciños e veciñas na loita contra a violencia machista.
Contos na casa
Tamén lembra que temos ata o día 29 na rede, estes contos de Marta Ortiz e Brais das Hortas:
Novas sobre o #25N
- Campaña global: Comeza a semana do #25N e na Costa da Morte rompemos o silencio.
- Carballo mobiliza unha manifestación dixital polo #25N.
- As mulleres rurais empodéraNse no Couto.
- Corcubión empondera á muller co vídeo #Eusonmiña.
- Carnota #FALA.
- Os Bolechas protagonizan o 25N de Cee.
- Selfies, comics, bolsas e teatro para o #25N da Laracha.
- Corcubión centra as accións do #25N no CEIP Praia de Quenxe e no IES Fernando Blanco.
- Un Concurso de microrrelatos para mirar "De fronte" á violencia de xénero en Vimianzo.