Luns. 30.03.2020
El tiempo

#Euquedonacasa: “Por favor, cordura, responsabilidade e respecto”

Rúas baleiras na tarde noite de Malpica
Rúas baleiras na tarde noite de Malpica
#Euquedonacasa: “Por favor, cordura, responsabilidade e respecto”

Hoxe recibimos un comunicado dunha traballadora do sector sociosanitario. Unha muller natural da Costa da Morte, que traballa en Vigo con persoas dependentes. É certo que dende o venres teñen pechado o centro seguindo ás ordes da Xunta, pero esta fin de semaan non puideron, coma sempre fan, achegarse a ver aos seus familiares na Costa por motivos evidentes. Familiares en moitos casos hai persoas moi vulnerables e polas que se senten moi preocupados, pero a responsabilidade faille dicir ben alto ese #euquedonacasa.
A súa situación é aínda máis completa, pois un dos seus familiares directos non pode elixir quedar na casa. Por iso, pídenos compartir este comunicado que apela á responsabilidade de cada un.

”Moita xente vese obrigada a ter que traballar nestes días de cara o público para darnos servizos mínimos. Supermercados, gasolineiras, servizos de reparto, transporte, atención social e sanitaria... entre outros. Por favor CORDURA, RESPONSABILIDADE E RESPETO. Pensemos en todos. Ese grupo de persoas ten no seu domicilio xente maior, xente enferma, vulnerable, dependientes, xente de risco, maiores e non tan maiores. E expoñense sen querelo a contraer esta doenza e consecuentemente arriscar as vidas dos seus achegados máis sensibles e débiles.
Fago un chamamento para que pidades coherencia a xente que vai o supermercado como se se tratase dunha guerra, sen ser conscientes do risco que corren e ser ter en conta o risco o que expoñen os demais. Non imos morrer de fame. Non imos morrer de aillamento. Pero si provocaremos unha situación de imprudencia e irreversible a moitas persoas nas que non pensamos. Por favor, RESPONSABILIDADE.

Todas as novas do Coronavirus

comentarios