Martes. 19.03.2024
El tiempo

#FERROATLÁNTICA

A CIG esixe nos Xulgados da Coruña a readmisión de Ramos

Concentracion na Coruna pola readmision de Ramos en Ferroatlantica
Concentración da CIG diante dos Xulgados da Coruña pola readmisión de Ramos en Ferroatlantica
A CIG esixe nos Xulgados da Coruña a readmisión de Ramos

O pasado mes de outubro, a dirección de Ferroatlántica despidía un traballador por un comentario nunha rede social, fóra do eido de traballo. Unha acción que segundo a CIG foi un claro acto de represión sindical, pois Ramos foi membro do comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-CCHH e forma parte da sección sindical da CIG.

Este xoves tiña lugar o xuízo nos xulgados da Coruña pola posible despedimento irregular, e ata alí quixo desprazarse unha comitiva de compañeiros. Unha concentración que coincidiu coa convocada pola Federación de Construción e Madeira, pois tamén tiña lugar o xuízo por unha sanción inxusta que a empresa Vázquez Rey impuxo a un traballador en represalia por defender os seus dereitos laborais e negarse a facer horas extraordinarias.

Novas relacionadas

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios