Martes. 07.05.2024
El tiempo

Axenda de limpezas de praias para esta fin de semana na Costa da Morte

Detalle bolas en el tamiz granulado
Axenda de limpezas de praias para esta fin de semana na Costa da Morte

Esta fin de semana, o voluntariado volve tomar as praias da Costa da Morte para facer fronte á marea de microplásticos que invanden as nosas costas. Volve ser a sociedade civil a que demostra estar un paso por diante das administracións e a meirande parte das accións son organizadas e convocadas por colectivos ou directamente por veciños.

Concellos que si

Apenas os Concellos de Muros (que conseguíu un convenio coa aseguradora da armadora do buque que transportaba os pellets para contratar unha brigada de xente local) e o de Carballo (que coordina as limpezas con varios colectivos medioambientais) tomaron a iniciativa para coordinar os dispositivos e convocar saídas.

A mellor nova é a de Muros, onde a marea solidaria está desbordando as convocatorias, como nos responde a propia alcaldesa María Lago. ”Hai unha marea de xente que quere colaborar, e nós o voluntariado a verdade é que o xestionamos dunha forma moi cautelosa para manter o benestar das persoas e do medio”, explica, dando conta que a propia ADEGA paralizou a lista de espera ao verse desbordada para coordinar a “tremenda marea de solidariedade.

Concellos que non

Outros Concellos como os de Carnota están colaborando con accións do voluntariado como a de onte en Portocubelo convocada por Javier Boquete. En Corcubión, onde tamén atoparon 5 sacos cheos nas boleiras, ofrecen apoio loxístico pero invitan a chamar ao Voluntariado da Xunta ou de ADEGA.

Tamén hai outros nos que a cidadanía atópase orfa de administracións. É o caso de Laxe ou Cee, onde a pesar da presenza confirmada en praias como a Concha ou Estorde, no saben ou non contestan sobre a coordinación de accións dos voluntarios.

Senda Nova en Caión, Malpica e Carballo

microplasticos Senda Nova

A entidade medioambiental bergantiñá coordina 3 limpezas para a fin de semana:

  • Sábado 13 ás 10:30h na praia de Caión (A Laracha).
  • Sábado ás 14:30h na praia de Beo (Malpica).
  • Domingo ás 10:30h na praia de Baldaio (Carballo).

Cómpre apuntarse nos números da entidade: 611 037 617 ou 654 887 468.

En Camariñas, con Mar de Fábula

A Asociación Mar de Fábula, en colaboración co Concello de Camariñas, fai un chamamento á veciñanza para participar nunha limpeza de granulados (os devanditos “pellets” de plástico) e de lixo mariño para este sábado 13 de xaneiro. 

Unha xornada que contará con colaboradores especiais: 7 integrantes da Brigada do Mar, o grupo ambientalista mais importante de Portugal, que teñen o patrocinio do presidente da República.
A quedada será ás 11:00h na lonxa vella de Camariñas. Mar de Fábula levará o material necesario para a limpeza, pero todo o que leve a xente será ben acaído.

Compre anotarse, antes das 12.00h do vindeiro venres, 12 de xaneiro, con nome, apelidos e DNI, no correo electrónico: [email protected].

En Carballo, con ADEGA, Limpocean, Senda Nova e GN Hábitat

Esta fin de semana realizarase unha limpeza de toda a franxa costeira carballesa na que participarán as entidades ecoloxistas Limpocean, Senda Nova, Hábitat e Adega, que tamén se encargan das inscricións e da formación das persoas voluntarias que queiran colaborar.

O sábado en Carballo, a Asociación ADEGA organiza unha nova limpeza de formación do voluntariado para a recollida de pellets de plástico, xa coas prazas esgotadas.

Limpocean: as persoas interesadas deben enviar un e-mail cos seus datos (nome completo, DNI e teléfono de contacto) a [email protected]. Todo o material facilitarao a propia asociación. A limpeza será o sábado 13, de 12.00 a 14.00 horas, e o punto de encontro son as instalacións de Art Surf Camp, na Cabreira (Razo).

Hábitat centrará a súa actuación na zona da lagoa de Baldaio, e contará coa colaboración da Asociación de Mariscadoras Fonte de Santa Helena. As persoas que queiran sumarse poden informarse en [email protected].

En Malpica

O Concello convoca uha xornada de limpeza de varias praias de Malpica que terá lugar este sábado, 13 de xaneiro, ás 10.00 da mañá, coincidindo coa baixamar. As persoas que desexen unirse como voluntarios e voluntarias, poden inscribirse desde mañá, tanto por vía telefónica contactando no 981720001 ou de forma presencial nas oficinas do Concello.

En Fisterra, co Narea

A convocatoria do Colectivo Narea para este sábado ás 9:30h no acceso sur da Praia do Rostro, e piden que o voluntariado leve as súas propias luvas (non reutilizables, a ser posible), unha peneira, un coador, un capacho, e roupa e calzado apropiado.

ARTIGOS SOBRE O GRANULADO

MÁIS NOVAS SOBRE O GRANULADO

Comentarios