Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Narea coordina unha acción limpeza de granulados este sábado no Rostro

Limpeza no Rostro con Narea
Narea coordina unha acción limpeza de granulados este sábado no Rostro

Numerosas citas cos “pellets” esta fin de semana. Unha será en Fisterra, na praia do Rostro, da man do voluntariado autoxestionado coordinada polo colectivo Narea. Sole Méndez xa informou ao Concello, que se ofreceu a axudar en todo o posible, e mesmo van unificar a recollida nun punto limpo de Hermedesuxo, polo que espera que a veciñanza responda, unha vez que este me´rcores non houbo quorum suficiente para desenvolver unha das limpezas formativas formuladas por ADEGA.

A convocatoria é para este sábado ás 9:30h no acceso sur da Praia do Rostro, e piden que o voluntariado leve as súas propias luvas (non reutilizables, a ser posible), unha peneira, un coador, un capacho, e roupa e calzado apropuado.

A acción está programada para unha duración de dúas horas antes da baixamar, para aproveitar a zona onde a area está seca e por mor das previsións meteorolóxicas. O avance do grupo de traballo vaise realizar na mesma dirección, para non pisar demasiado a zona. Así, como se recomenda irase facendo varrido na area compactada cun cepillo, metendo o recollido nun recipiente con auga e posteriomente elimínandoos cun coador/ peneira de malla entre 2 e 3 mm.
Para non mesturar as bolinhas con outros residuos, levarán varios tipos de contentores.

Máis novas sobre os granulados

Comentarios