Venres. 18.06.2021
El tiempo

A frota galega volve parar este venres contra o Novo Regulamento de Control Europeo de Pesca

Camelle en folga
Imaxe do parón do mes de marzo en Camelle
A frota galega volve parar este venres contra o Novo Regulamento de Control Europeo de Pesca

Despois da mobilización de marzo, a frota de pesca artesanal galega prepara, para este venres 14 de maio, un novo parón en contra do Novo Regulamento de Control Europeo de Pesca, que obrigaría a todas as embarcacións de máis de catro metros teñan que estar xeolocalizadas e á instalación de cámaras a bordo para controlar a obriga do desembarque das capturas.

Unha parada convocada pola Federación Galega de Confrarías, cuio presidente, o patrón de Ribeira José Antonio Pérez, facía un chamamento á mobilización: “Nestes momentos hai moito revuelo no Palarmento Europeo, sabemos de antemán que moitos Grupos Europeos estarán en Galicia para mirar o impacto desta parada para presentar na próxima negociación dos trílogos ou documentos do Reglamento de control. Temos que estar mais únidos que nunca, e participar o maior número de embarcacións para que vexan que somos moitas as familias que vivimos deste traballo, e que non poñan normas que non vamos a poder cumprir”, sinala nun comunicado distribuído en toda a costa galega.

Mentres, o sector fica algo máis dividido que hai un mes. Algúns lamentan encarecidamente, despois destes días de mar, perder outro día de traballo. Outros pregúntanse por que a Federación non se amosa igual de firme con outras problemáticas como a mexilla, ou outras eivas provocadas pola Consellería.

O parón conta co apoio do BNG. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada Rosana Pérez, expresaron a contradición imposición do regulamento de control da actividade pesqueira da UE. “Concordamos coas confrarías galegas ao considerar que aumentar os controis é innecesario”, sendo xa o sector de pesca “máis vixiado e controlado de toda Europa”,.

Novas relacionadas

OUTRAS NOVAS

comentarios