Venres. 29.03.2024
El tiempo

Gastronomía, música, fotografía e letras galegas na #AxendaCostadaMorte

Chega unha nova fin de semana, de novo en clave electoral, chea de mitins e presentacións por toda a violta. Pero tamén chea de fermosas actividades para disfrutar. Tendes, coma sempre, a Axenda debullada en www.axendacostadamorte.com, e aquí traemos un resumo directo e conciso.

Manolo Rivas no Festival Neghra Sombra do ano pasado
Manolo Rivas no Festival Neghra Sombra do ano pasado
Gastronomía, música, fotografía e letras galegas na #AxendaCostadaMorte

Parte de Meteogalicia

Durante o venres, día de transición antes de que chegue a influencia anticiclónica, teremos un ambiente de ceos anubrados con algunha pequena precipitación. Xa o sábado amencerá cos ceos algo cubertos, pero irán quedando despexados ao longo da tarde. O domingo manterase o sol, cunha subida drástica das temperaturas.
O estado do mar vai ser bastante tranquilo, sen avisos, con mar de fondo do oeste, e se o ben o sábado non haberá apenas vento do nordés, si que o domingo axitarase un pouco máis.

Festival Neghra Sombra

Vimianzo acolle na noite do sábado un ha verdadeira Revolta das Letras. A partir das 17:00h comezarán a saltar ao escenario 15 poetas da comarca, e non pararán en toda a noite. O pregón, da man de Viki Rivadulla, abrirá o tempo das actuacións, que durará ata as 4-5:00 da mañá. Tdo en clave galga.

Xornadas de Promoción Local Baio ten a pelotabanner-baiotenapelota-19

As Xornadas de Promoción Local Baio ten a pelota son unha estupenda excusa para parar en Baio esta fin de semana, facer algunha compra aproveitando os descontos, e ademais disfrutar das tapas máis fantásticas dos establecimentos. Un xeito de facer que sexa posible vivir na Costa da Morte.

Letras Galegas

Esta fin de semana xa chega cargada de Letras Galegas, pero teremos que esperar ao domingo para o comezo da gran cita, esa que convirte unha pequena aldea de Ponteceso no centro do país durante unha semana. O Festiletras 2019 arrinca o domingo pola mañá coa entrega dos Bos e Xenerosos, e a partir das 18:00h coa presentación do proxecto Literatas 2019, como previa da actuación do dúo Caamaño-Ameixeiras.
A partir de aí, o Couto encherase de vida cunha semana enteira de actividades, ata o domingo 19.

Tamén en Fisterra hai unha cita co programa das Letras, cos monicreques dos Romeiros do Caracol.

Presentación do Fondo Fotográfico Vidal

Unha das citas máis simbólicas da fin de semana é a posta en escena de todo o traballo de recuperación e posta en valor do do Fondo Fotográfico Vidal. O Concello de Laxe presenta este venres ás 20:00h no vivo Museo do Mar, contará a historia desta rehabilitación.

Presntacion do Fondo Fotografico Vidal

Outras citas culturais

O venres é tempo de poesía no Casino 1889 de Carballo, coa presentación de Versos Noctámbulos.

A noite de venres poderase pechar en clave de risa co monólogo de Pepo Suevos na Casa da Cultura de Muros.

Xa o sábado, a Libraría Punto e Coma, de Carballo, organiza a presentación do novo libro de Yolanda Castaño.
Pola tarde, tamén en Carballo haberá doble cita co Curruncho Pop na Biblioteca Rego da Balsa, con presentación e concerto, e ás 20:00h o Concerto de Miro Casabella no Pazo da Cultiura.

O sábado haberá, ás 18:00h, nova cita na Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros cos Brincacontos de Andaravía Teatro.

En Camelle, o Museo de Man inaugura nova exposición, Arte +3, a partir das 19:30h.

O domingo tamén terá lugar o peche do programa Primavera en Danza coa actuación de Xacarandaina no Pazo da Cultura

Sendeirismo

Se o sábado hai unha nova Andaina Coñece a Costa da Morte, desta volta por Camariñas, (chámase Camiñando entre a ribeira e o monte), o domingo toca Primavera en Ruta con Senda Nova pola Costa Agreste de Cerqueda e Cambre.

Comentarios