Luns. 22.07.2019
El tiempo

O grupo Socialista insta a Xunta a non seguir de “perfil” no caso Ferroatlántica

Margarita Lamela con responsables do Ministerio de Industria
Margarita Lamela con responsables do Ministerio de Industria
O grupo Socialista insta a Xunta a non seguir de “perfil” no caso Ferroatlántica

De “importante” califica Margarita Lamela a reunión que o pasado venres mantiñan os membros do Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee e Dumbría, co co Director Xeral de Industria, Galo Gutiérrez e o Subdirector Xeral de Políticas Sectoriales Industriais, Alejandro Cors Bernabéu.

Dende o Ministerio informaron sobre a tramitación urxente do procedemento de elaboración e aprobación do Real Decreto polo que se regula o Estatuto do Consumidor Electrointensivo. O borrador do Estatuto xa se atopa redactado e de cumprirse os prazos previstos estaría aprobado antes da celebración das próximas eleccións xerais.

O obxectivo que se persegue co Estatuto é que os consumidores electrointensivos como Ferroatlántica poidan mitigar os efectos dos custos energéticos sobre o seu competividad.

A portavoz socialista de Cee sinalou que co Estatuto perséguese, entre outras medidas, a redución dun 10 a un 15 por cento do prezo do magawatio da enerxía e maximizar axudas de custos indirectos de CO2.

Xuntanza Loli Toja, Margot Lamela, Ferroatlántica DX Industria

O papel da Xunta

Dende o grupo socialista, Lamela insta á Xunta de Galicia ao cumprimento da súa obrigación de facer valer as concesións das centrais hidroeléctricas de Xallas como garantía de viabilidade das fábricas de Cee e Dumbría e o mantemento do emprego. Lembrou que a empresa ten a obrigación de presentar un plan de viabilidade que garanta a actividade das ferroaleaciones, e que a Xunta de Galicia é a que ten que esixir á empresa o cumprimento dese plan de viabilidad. Polo que se fan varias preguntas dende o PSdG:
- “Cal é o plan de viabilidad que ten a Xunta?”
- “Que criterios ten a Xunta para considerar cumprido o plan de viabilidade?”
- “Onde está o límite para considerar cumprido o plan de viabilidade que garanta a actividade das ferroaleaciones de Cee e Dumbría)”.

A portavoz socialista de Cee insta á Xunta de Galicia a que se pronuncie públicamente sobre estas cuestións, pois non fixo aínda nada máis que ameazar á empresa pero sen firmeza, mesmo despois de que anunciase que a fábrica de Santander está case ao 100%.

Cara as renovables

Na reunión o Ministerio informou sobre a necesidade de traballar no impulso das PPA (Power Purchase Agreement) de Enerxía, a transición facía o uso das enerxías renovables, como vía de solución e de apoiar con avales do Estado ás empresas que contraten as PPA. Coa PPA ou contrato compraventa de enerxía renovable entre xerador e comprador de enerxía permite ao xerador un prezo de venda estable durante un periodo longo de tempo e ao comprador fixar os seus custos de aprovisionamiento de electricidade a longo prazo.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios