Hoteis e casas rurais no Camiño non notan tanto a crise


Envíanos hoxe a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte APTCM un informe sobre ocupación neste pasado mes de xuño. Comparando os datos de ocupación de xuño do 2011 con xuño de 2010, a ocupación dos hoteis e pensións subiu do 40 ao 49 % mentras que o Turismo Rural baixou do 35 ao 32%.
A valoración que fan dende a entidade "é por un lado que a crise afecta aos establecementos con maior custe". Pero por outro lado, un dos datos que se extraen do informe é que "o efecto dos establecementos que están na Prolongación do Camiño de Santiago suben bastante a media de ocupación da Costa da Morte".
Estabilidade
Os datos anteriores mantéñense no último trimestre para os Hoteis e Pensións, que demostran manter unha estabilidade de ocupación, aínda que baixa durante estes meses do ano, sen embargo o Turismo Rural nota moito a baixada, tendo unha media de abril a xuño do 2010 nun 35%, que no 2011 baixa a un 28%, ocupación moi baixa, se temos en conta que todas as análises din que un establecemento empeza a non perder cando supera o 40% de ocupación.
Paquetes
En canto á rendabilidade hai que ter en conta que tamén vai a ser menor, xa que o sector tivo que aquilatar prezos e facer ofertas en paquetes para poder captar algo máis de clientela.
Aínda que a situación é a que comentamos o sector está esperanzado para os vindeiros dous meses, que son os que realmente poden salvar o ano. O que transmiten os socios é que está habendo "moitas chamadas e que cada vez preguntan máis o prezo, pero que está pendente de verse".
A publicación dos datos de ocupación é posible grazas a colaboración desinteresada dos socios da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O “indignado” sector turístico reúnese en Fisterra para mellorar a atención turística.
- Intentan recuperar o Consorcio Turístico da Costa da Morte con participación pública e privada.
- O sector hostaleiro de Fisterra tamén está “indignado”.
- APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector.
- O sector da hostelería segue denunciando a competencia desleal.
- Necesidades do Camiño: Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa de APTCM.