Martes. 07.07.2020
El tiempo

Imos tomar a penúltima: toca a Fase III

Imos tomar a penúltima: toca a Fase III



Veu a dúas após da unha, e toca que veña a tres após da dúas (podedes ver aquí a Orde que regula as medidas que veremos)

Ás 00:00h do luns 8 de xuño a Galiza é unha das Comunidades Autónomas  que, no conxunto do Estado, estrea Fase III deste desconfinamento, camiño á denominada "Nova Normalidade."

Nesta fase, con especial intensidade, asistimos durante toda esta semana a noticias que foron retiradas (como que sería posíbel o desprazamento entre Comunidades con idéntica fase: non é), medidas que se afirmaba que non pasarían pero que finalmente si (como a apertura de locais de ocio nocturnos: veremos deseguido en que condicións) e algunha outra que nin si, nin non, nin todo o contrario (como o desprazamento entre Provincias: ao que dedicamos un apartado especial).

O que si vai caracterizar a esta Fase III é que por primeira vez a dirección, e o seu progreso, van depender do Goberno galego, e xa non do Central. Está aínda por se perfilar concretamente cales han ser as atribucións da nosa Comunidade, pero o que si parece sólido é que recuperaremos capacidade de xestión.
Neste sentido, farase dende o luns especialmente importante estar atentxs ao que tanto a Xunta como as diferentes Consellerías poidan ir establecendo ao respecto de medidas concretas.

Pois ben, analicemos agora os puntos máis importantes desta nova fase.


Medidas sociais

Podemos circular libremente polo territorio (atentxs ao último apartado do artigo), sen franxas horarias e sen necesitar unha finalidade específica e xustificada.

Nos velorios os limites persoais pasan a 50 persoas ao aire libre, e 25 en espazos interiores. Pola súa banda, os cultos e cerimonias relixiosas poden celebrarse co 75% da capacidade do recinto. Esta mesma porcentaxe se aplica aos casamentos, cun máximo de 150 persoas ao aire libre, ou 75 en interiores.

Medidas comerciais

Seguen podendo abrir os locais con independencia da súa superficie, pero agora cunha capacidade do 50%, e mantendo horarios preferentes para persoas maiores de 65 anos. Esta mesma porcentaxe será aplicábel a mercados exteriores.

Tamén será do 50% a limitación da capacidade dos locais sitos en centros comerciais, sendo do 40% o número a ter en conta para as zonas comúns destxs centros.

Hostalaría

Volven as barras dos bares!
Sempre que exista separación de dous metros entre clientxs, podemos volver a atender en barra. No resto do local debemos garantir a distancia entre as mesas, e cunha capacidade do 50% (que será do 75% en terrazas).

Volven os pubs e as discotecas!
Os locais de ocio nocturno poden abrir o seu interior, sempre que se limite a un terzo a súa capacidade. No exterior aplicaríamos o punto anterior.
Pero as boas noticias teñen ás veces algún detalle negativo e neste caso é que as pistas de baile, polo momento, non poden utilizarse. Podemos, iso si, colocar mesas na pista para incrementar a capacidade do local.

Outras medidas

As zonas comúns de hoteis e hostais poden incrementar a capacidade ao 50%, aplicando o que vimos no apartado anterior ás súas zonas de restauración.

Museos, monumentos, espazos culturais e bibliotecas poden abrir ao 50% (incluíndo as salas de estudo). Nos concertos, conferencias e actividades non se limita o número: dise que o máximo será aquel que permita a distancia de dous metros entre xs asistentes.

Cines, teatros e circos poden abrir tamén á metade, con venta anticipada de butacas.

Poden volver os campamentos infantís no verán, cun máximo do 50% e 80 participantes, incluídxs xs monitores; e co máximo respecto das medidas de seguridade indicadas na súa regulamentación específica.

Pero vamos a ver... que pasa coa mobilidade inter-provincial?

Este é un dos moitos puntos de dúbida que fican no aire. Intentaremos explicar porqué xera controversia e cal é a solución que, no noso parecer, é a máis achegada á realidade.

O punto problemático son as chamadas "unidades territoriais".

Durante a Fase I e Fase II (e tamén na literalidade da Orde orixinal que regulaba a Fase III) Galiza tivo  catro "unidades territoriais", que eran as Provincias: estes dous termos eran sinónimos. Deste modo, se liamos a Orde da Fase III na súa redacción orixinal, o desprazamento só era posíbel dentro das Provincias.

Pero que pasou onte? Publícase a Orde SND/507/2020, de 6 de xuño, que modifica a anterior. É dicir, as medidas de Fase III cambiaron entre a publicación orixinal e onte.

Para a Galiza un dos cambios desa nova Orde é decisivo: Galiza deixa de ter catro unidades territoriais, e pasa a ter só unha: a Comunidade. Isto é "unidade territorial" e "Provincia" xa non son sinónimos.
Logo onde o artigo 7 permite o movemento na unidade territorial, o movemento está permitido en toda a Comunidade, sen que sexa necesaria medida algunha por parte do Goberno autonómico.

Resumindo todo moito... houbo confusión, e seguirá habendo confusión, pero na nosa opinión, o movemento inter-provincial dentro da Galiza está permitido dende as 00:00h do luns 8 de xuño.
 

Novas relacionadas

Artigos explicativos de Miguel Vieito Villar

Novas relacionadas

comentarios