Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Inglés, marketing e gastronomía, os temas principais dos cursos para profesionais da hostalería da CMAT

Programa de actividades formativas - CMAT e Deputación da Coruña copia
Inglés, marketing e gastronomía, os temas principais dos cursos para profesionais da hostalería da CMAT

Fai moitísima falta a formación en materia de hostalería na Costa da Morte, non cabe dúbida. E ante a carencia de escolas oficiais (agás a excepción da Escola Municipal de Hostalería de Carballo) son entidades como a Asociación de Turismo CMAT as que teñen que intentar solventar esta carencia. Faino coa súa programación de actividades formativas gratuítas para os profesionais de Costa da Morte.

Así, o Programa Formativo de balde para profesionais baséase en tres piares fundamentais do turismo: inglés, marketing e gastronomía. Un programa que se desenvolverá de setembro a decembro, impartidos por xente como “Octopus to the party” (que impartirá o curso de “Inglés básico e medio aplicado a hostalaría e aos informadores turísticos” do 15 de outubro a 7 de novembro); “Acerta Formación” (curso sobre mellora da competitividade en gastronomía local, do 30 de setembro ao 25 de novembro) ou “Entorno Anfibio” (módulo formativo sobre marketing online para destinos turísticos e deseño de programas culturais do 18 ao 30 de novembro).

Os anfitrións das actividades serán os Concellos de Carballo e Zas, xa que os módulos de inglés e de hostalaría serán realizados no Fórum de Carballo; mentres que o de Marketing no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

O programa completo está dispoñible para a súa consulta e descarga na páxina web da CMAT, onde podedes ver ademais os prazos de inscrición.

Novas relacionadas

Comentarios