Sábado. 04.04.2020
El tiempo

Kyra e Nano son amigos gracias a Salvacadelos

Kyra e Nano son amigos gracias a Salvacadelos

Continúa formando familias a iniciativa solidaria Salvacadelos, artellada entre este diario e a Clínica Veterinaria Argos de Cee.

A semana pasada dúas camadas aterraban na rede para intentarmos conseguir unha familia. E a rede respondeu, e gracias a Salvacadelos todos os pequenos atoparon un novo fogar.

Unha delas é Kyra, unha das cadeliñas da camada vimiancesa que foi adoptada o outro día. Os seus novos pais adoptivos, os seus Salvadores están encantados con ela. Pero o que máis, o máis ledo é Nano, o bichón maltes que está contentísimo coa súa nova compañeira de xogos.

Entrementres, Salvacadelos segue formando novas familias e atopando fogar para todos eses animais abandonados.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

comentarios