Lauren (The Break): “A xente da Costa da Morte vive conxuntamente coa natureza, cando noutros lugares trata de controlala”
- ”Espero que a Costa da Morte se manteña así aínda que veñan moitos turísticas, porque os turistas veñen por iso mesmo”.
- “Creo que agora é o tempo para a Costa da Morte para promocionarse máis. Estamos lonxe e a xente quere ir cada vez máis lonxe”
Este venres desenvolveuse en Cabana o acto de presentación das propostas que as profesionais que participaron na inmersión de The Break nos ofrecen á Costa da Morte para desenvolver os recursos turísticos da Vía Céltica e do Destino Starlight.
Xa falamos con Katjia Kraemer, e hoxe facemos o propio coa Lauren Schuivens, profesional dos Países baixos do mundo da meditación, a saúde… no seu proxecto Samavira.
- Ola Lauren. Seguro que estes días atopaches moitos espazos na nosa comarca para desenvolver as túas actividades profesionais, verdade? Un retiro nun espazo natural da Costa da Morte pode ser moi inspirador.
A comarca sería perfecta para que moita xente viñese facer traballos de meditación, si. De feito, fixemos varias sesións de meditación pola noite, antes de dormir, coas compañeiras emprendedoras, e creo que a xente quedou encantada. Quedei contenta de compartir a miña experiencia con elas.
- E a nivel persoal, ten que ser estupendo pasar dúas semanas cun grupo de mulleres da mesma idade de toda Europa?
Foi moi bonito estar xuntas, porque é moi positivo compartir cousas, os nosos retos, desafíos… coller ideas para mellorar…
- Que tal a vosa estancia na comarca? Que foi o que máis vos sorprendeu da Costa da Morte?
Primeiramente, a súa beleza, a súa limpeza. Pero tamén a súa variedade, a súa cultura, natureza, historia, comida… a xente é moi doce, a hospitalidade é incrible.
A orixinalidade da natureza aquí é impresionante. E noto que a xente vive conxuntamente coa natureza, cando noutros lugares trata de controlala. A Natureza está moi presente aquí, máis que noutros lados.
- Xa analizamos as vosas ideas para desenvolver produtos turísticos Pero cales vos parecen as meirandes carencias que temos na comarca? Por que cres que unha zona con tanto potencial está tan pouco desenvolta a nivel turístico?
Creo que agora é o tempo para a Costa da Morte para promocionarse máis. Creo que está empezando a ser un espazo máis aberto e atractivo. Estamos lonxe e a xente está intentando ir cada vez máis lonxe. O turismo tende cara zonas menos turísticas. Este é o momento da Costa da Morte e creo que a Costa, tendo en conta as conversas que tivemos con asociacións, negocios… está preparada para recibir a eses turistas que queren ir a sitios que non están masificados.
- Como ves o proceso de axuda ao emprendemento na nosa comarca? Sentiches esa cultura do emprendemento na mocidade ou na veciñanza da Costa da Morte?
Creo que está medrando ese apoio. Parece que hai máis organizacións para axudar a desenvolver os proxectos.
É certo que se ve que hai moita xente marchando a gran cidades, pero hai moita xente que quere quedar, xente que se monta o seu negocio, como Inés e Julio, e quere facer vida na súa terra.
- Que te llevas de nuestra comarca?
Creo que a hospitalidade, todo o mundo estaba traendo comida á casa. No noso país non é normal. É xenial.
Estou sorprendida ademais do que me gustou vivir nunha zona tan tranquila. Eu vivo nunha cidade, e ao final me quedo con ganas de pasar máis tempo nun sitio coma este. Disfrutei máis do que pensaba. Así que me levo iso. Saes pola porta e estás no bosque. Moita xente no meu país non viviron esa experiencia nunca. Espero que a Costa da Morte se manteña así aínda que veñan moitos turísticas, porque os turistas veñen por iso mesmo.
MÁIS INFO DO PROGRAMA THE BREAK
-
- As ideas das profesionais europeas de The Break para desenvolver os nosos recursos turísticos.
- Outubro 2023: As emprendedoras The Break sinalan un novo tramo da Vía Céltica
- Outubro 2023: Outro grupo de emprendedoras europeas comparten o seu talento na comarca co proxecto The Break.
- Xuño 23: The Break: como convencer aos nosos políticos da necesidade de coidar os recursos da Costa da Morte
- O IES Fernando Blanco puido aprender do talento feminino europeo.
- Talento feminino europeo para axudar a crear unha estratexia turística para o asentamento da Vía Véltica e o Destino Starlight.