Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Katja (The Break): “Creo que moitas veces as emprendedoras non teñen apoio, non saben como empezar un negocio”

Katja Kraemer na Costa da Morte
Katja Kraemer na Costa da Morte. Foto: Lina Silbermann
Katja (The Break): “Creo que moitas veces as emprendedoras non teñen apoio, non saben como empezar un negocio”

Este venres desenvolveuse en Cabana o acto de presentación das propostas que as profesionais que participaron na inmersión de The Break nos ofrecen á Costa da Morte para desenvolver os recursos turísticos da Vía Céltica e do Destino Starlight.

Algunhas das talentosas profesionais, como Katja Kraemer, xa teñen mesmo algún proxecto emprendedor en común con xentes do país, polo que queremos achegarnos a ver como pulsaron elas a nosa comarca.

No caso desta moza alemana, desenvolve en varios países o proxecto Subcultours, que trata de coordinar talleres creativos de artistas e artesáns. Xa ofrece na súa web coa galega talleres creativos coa ilustradora de Arousa, Andrea, e invita a todos os artistas e artesáns da Costa da Morte a unirse a esta rede e intentar fomentar o desenvolvemento destas accións. Poden contactar con ela en [email protected], pero coñecemos con ela un pouco máis en que consiste, e lle preguntamos por máis cousas da nosa comarca:

  • Explícanos, explícanos un pouco mellor o proxecto Subcultours?

Subcultours (un nome inventado) trátase dunha plataforma que pretende axudar ás artistas e artesás para dar talleres aos turistas e veciños de cada zona. A idea é ofrecer talleres creativos realizados no estudio, no taller do propio artista, polo que o artista non ten gran investimento, porque a xente vai ao seu lugar, e paga ao reservar o obradoiro.
Creo que é algo moi interesante, e se alguén o quere intentar, aquí se pode poñer en formación con nós en [email protected].
Como dato, empezamos en Portugal o ano pasado, e a partir de contar con 50 artistas xa comezaron as reservas.

  • Bueno, e cóntanos. Que tal a vosa estancia na comarca? Que foi o que máis vos sorprendeu?

Encantoume a experiencia. Tivemos bastante tempo para intercambiar ideas con emprendedoras da zona, e tamén de Santiago. Sempre é bo para sentir as súas ideas, e ver como outras mulleres traballan, emprenden. E tamén ver outra cultura e outros procesos de como as emprendedoras tratan desenvolver os seus proxectos.

Katja Kraemer e Lauren Schuivens con The Break na Costa da Morte
Katja Kraemer e Lauren Schuivens, dúas das profesionais de The Break que pasaron unha residencia de dúas semanas na Costa da Morte. Foto: Lina Silbermann
  • Como vedes o proceso de emprendemento feminino na comarca?

Estivemos con moitas emprendedoras, e a impresión é moi positiva. Si é certo que unha vez que fumos a un restaurante e si que había varios homes que estiveron algo pesado, intentando darnos un bico… demasiado directos… Pero iso pode pasar nunha vila en calquera parte do mundo, igual non tanto nas cidades… É como a nutrición, a xente é máis tende ao vexetarianismo, pero estas cousas tardan máis en entrar en sitios con menos xente, onde a poboación é máis rural.

Pero atopamos mulleres con negocios, responsables de hostais, museos… Mulleres con boa actitude, con gañas de facer negocio con respecto, xentes con talento. Pero pode ser que notásemos unha certa falta de confianza. Creo que falta autoconfianza. Hai que convercerlos de que unha pode con todo.

  • Despois do que vistes, cres se apoia o suficiente o emprendemento feminino?

Creo que moitas veces as emprendedoras non teñen apoio, non saben como empezar un negocio. Imaxino unha muller de 25 anos, que non quere mudarse a Madrid, que non lle gusta traballar nunha oficina, e que quere empezar un café de calidade, un pouco máis moderno… Que fai? A xente non sabe onde acodir, para facer un plan de negocio, de financiamento, onde pedir fondos… Fai falta unha estrurura visible para todo o mundo.

Xente como Noelia (en relación á profesional Noelia Rodríguez, da empresa organizadora Pymeon que compartiu estas semanas coas participantes), xente con experiencia real, debería ir polos Institutos (a 15-16 anos) amosando as opcións de negocio e de financiamento que ten cada zona, porque hai moita xente nova que querría quedar na comarca pero non ven opcións.
Porque eu tamén cando tiña 16 anos, non sabía nada de emprendemento. Para min foi un camiño moi longo, con moitos retos. En Berlín, foi complicado tamén, con moita starups, demasiado grandes. Eu non necesito gañar millóns de euros, só quero algo onde eu poida ser a miña propia xefa para vivir ben.

Creo que a xente podería ir a lugares como o Islow Coliving de Laxe, e coñecer como Inés e Julio desenvolveron o proxecto, por exemplo. E hai moitos proxectos por desenvolver. Necesitamos comer, dormir… necesitamos negocios de cualquier cosa, panaderías, cafés…

  • Xa analizamos as vosas ideas. Cales vos parecen as meirandes carencias que temos na comarca? Por que cres que unha zona con tanto potencial está tan pouco desenvolta a nivel turístico?

Creo que a Costa da Morte non é moi coñecida. Nunca escoitara falar desta zona ata participar neste programa. Cando comentei que ía a Galicia, todo o mundo en Berlín me dicía, “que bueno, é superlindo”. Pero penso que aínda está algo escondido. Unha xema aínda pouco coñecida.
Pero vaia, que creo que non é malo. Pero o acto de que nos preguntemos por que non temos máis turismo, creo xa vai por bo camiño.

  • Que te llevas de nuestra comarca?

Moi boa enerxía do resto de mulleres, de saber que non estou soa na miña idea, dos nosos pensamentos. E teño nova fe de que podo lograr o que quero cambiar. De vez en cando estou demasiado soa, e é importante ter contacto con xente.
Da Costa, quedo coa natureza, e facer surf foi o meu highlight. Eu quero unha vida así, traballar e facer pausas e poder ir a surfear.

 
Katjia Kraemer facendo surf na Costa da Morte
Katjia Kraemer facendo surf na Costa da Morte. Foto: Lina Silbermann

MÁIS INFO DO PROGRAMA THE BREAK

Comentarios