Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula volve levar o impacto dos cruceiros a unhas xornadas do CEIDA

Industria de cruceiros no CEIDA
Mar de Fábula volve levar o impacto dos cruceiros a unhas xornadas do CEIDA

Coñecida é a teima do bo de Xosé Manuel Barros, alma fundadora da asociación Mar de Fábula, cos cruceiros. “Que ocorre cando tiramos da cadea nun cruceiro?”, xa se ten preguntado nas #FirmasQPC.

Desta volta, Mar de fábula volverá afondar sobre o tema nunhas xornadas que está a organizar o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o Comité Español da Unión Internacional de Conservación da Natureza (UICN). As xornadas, que chegan baixo o título ‘A Industria Turística dos Cruceiros: Novos Retos Ambientais e Sociais’, desenvolveranse este xoves 21 de febreiro, a partir das 10:00h no Castelo de Oleiros, e servirá para reflexionar sobre cifras tan impactantes como que en 2018 máis de 28 millóns de turistas viaxaron en cruceiro.

En España, segundo datos de Portos do Estado, máis de 10 millóns de persoas embarcaron, desembarcaron ou estiveron en tránsito nalgúns dos portos españois con este tipo de actividade durante o ano pasado, sendo a Coruña un porto moi atractivo onde cada vez fan escala maior número de navíos turísticos. Pola zona, os cruceiros pantasmas apenas deixan pegada en Brens…

Segundo o propio Xosé Manuel Barros “os cruceiros son grandes cidades flotantes con milleiros de pasaxeiros a bordo, que xeran enormes cantidades de residuos e que, de non ser ben tratados, terían un impacto desmesurado no medio mariño’.

Cómpre reservar praza en [email protected].

Programa da xornada sobre cruceiros no CEIDA

Artigos relacionados

Comentarios