Moita música na #AxendaCostadaMorte desta finde
Tras varios meses de parón por culpa do coronavirus, pouco a pouco a Costa da Morte vai recuperando a súa esencia e forma de vida. E nesta nova normalidade a cultura tamén ten cabida, sempre respectando todas as medidas de seguridade. Varios Concellos da zona están recuperando a súa programación cultural durante o verán e xa ten preparadas varias citas para as vindeiras semanas.
Esta fin de semana, ante todo predomina o panorama musical:
Finde de concertos en Carballo
O ciclo musical do Orballo Cultural comeza esta finde coa actuación de M-Clan en acústico este sábado 25 de xullo n Carballo. Un concerto que, segundo indican, promete ser íntimo ao contar cun aforo moi reducido para poder cumprir con todas as medidas de seguridade.
Ademais, tamén da comezo á programación cultural de Carballo coa actuación de Silvia Penide, hoxe ás 21:30 horas na Rúa Jacinto Amigo.
Venres musicais en vivo en Laxe
Laxe arranca este programa con Rafa Fernández e Juan Cañada, dous dos músicos mais habituais da escena do Jazz galego. O concerto é hoxe ás 20:00 horas na praza de Ramón Juega Para esta ocasión serviranse dun repertorio escollido do “American Soonbook” para ofrecer un diálogo entre guitarra e contrabaixo onde a principal protagonista vai ser a interacción entre instrumentos creando capas de melodías e harmonía.
Pasarrúas con "A danza dos paxaros" en Malpica
O Concello de Malpica, a través da concellaría de Cultura cambia verbena polos ‘Seráns na Rúa’, en diferentes ubicacións, pero sempre ao aire libre. O 25 de xullo, o Día de Galicia, Malpica organiza un pasarrúas con ‘A danza dos paxaros’ a cargo de Urdime.
Un San Cristovo sigular en Santa Comba
A vila xalleira desfrutará dun singular #SanCristovo no Campo da Feira. Este domingo celebrarase a Festa do Verán co Mago Xacobe e cos humoristas da casa Federico Pérez e Marcos Pereiro.
Visita guiáda á paisaxe astronómica de Vimianzo
Hoxe pola noite Vimianzo celebra unha visita guiáda á paisaxe astronómica do municipio.O roteiro será guiado pola agrupación astronómica coruñesa Ío e terá unha duración de dúas horas. Poderanse coñecer todos os segredos das estrelas, da lúa e das constelacións.
Actividades no Dolmen de Dombate
O venres realizarase a segunda visita guiada nocturna no Dolmen, coa explicación de Lito Eiroa, historiador e guía do Dolmen.
O sábado haberá dou Obradoiros de Prehistoria, un ás 11:00 horas para rapaces de 3 a 10 anos titulado "A cores de Dombate: pinturas máxicas" e outro sobre "As ondas sonoras" ás 12:30 para maiores de 10 anos. Esa mesma tarde, un ano máis, Os Quinquilláns serán os protagonistas de ‘O tempo das pedras’ ao carón dos piñeiros do Dolmen nas visitas teatralizadas. Realizánse todos os sábados as 18:00 e ás 19:30.
Finalmente, o domingo realizarán un paseo en bici polo chan de Borneiro –O Briño, Fornelos, Fontefría, Vilaseco e o Castro A Cidá- con saída ás 11:00 horas no aparcadoiro do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate. É necesaria a inscrición previa envaindo un correo a [email protected] co nome e teléfonos de contacto.
Actividades nas Torres do Allo
As Torres do Allo ofrecen diariamente visitas guiadas ás 13:00 e ás 17:00 horas ( con cita previa para grupos), nas que se pode participar no famoso Xogo de Pistas. Ademais, na visita pódese desfrutar da exposición “A Brandomil Romana” que se extenderá ata finais de setembro.
Cada sábado e domingo haberá unhas Visitas Teatralizadas coa compañía Os Quinquilláns Teatro, ás 19:30.