Sábado. 04.07.2020
El tiempo

Muxía media ante a Conselleira do Mar antes da nova reunión das Confrarías

Onte o alcalde de Muxía mantivo unha reunión coa Conselleira de Mar
Onte o alcalde de Muxía mantivo unha reunión coa Conselleira de Mar
Muxía media ante a Conselleira do Mar antes da nova reunión das Confrarías

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, facía un chamamento ao consenso entre [email protected] e bateeiros, lembrando que a proposta realizada este martes, e rexeitada polos percebeiros é “unha solución transitoria, unicamente para o mes de xuño”. Unha solución de urxencia a un problema que leva máis dun ano enriba da mesa pero a Xunta non quixo afrontar ata que a tensión de desbordou.

Precisamente os feitos acontecidos na vila da Barca fixeron que o seu alcalde, Iago Toba, se achegase onte a Santa Caetano para falar da problemática. Toba trasladoulle á conselleira as inquietudes do sector, logo de concertar con eles varias reunións para escoitar as suxestións e peticións que traslada un sector imprescindible para Muxía. O alclade ficou contento e esperanzado de que os plans da Xunta sexan a mellor solución.

Todo fica pendente da reunión desta tarde de venres, ás 18:00h en Santiago entre as confrarías de toda Galicia e a Conselleira.

Novas relacionadas

comentarios