Muxía media ante a Conselleira do Mar antes da nova reunión das Confrarías

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, facía un chamamento ao consenso entre percebeiro@s e bateeiros, lembrando que a proposta realizada este martes, e rexeitada polos percebeiros é “unha solución transitoria, unicamente para o mes de xuño”. Unha solución de urxencia a un problema que leva máis dun ano enriba da mesa pero a Xunta non quixo afrontar ata que a tensión de desbordou.
Precisamente os feitos acontecidos na vila da Barca fixeron que o seu alcalde, Iago Toba, se achegase onte a Santa Caetano para falar da problemática. Toba trasladoulle á conselleira as inquietudes do sector, logo de concertar con eles varias reunións para escoitar as suxestións e peticións que traslada un sector imprescindible para Muxía. O alclade ficou contento e esperanzado de que os plans da Xunta sexan a mellor solución.
Todo fica pendente da reunión desta tarde de venres, ás 18:00h en Santiago entre as confrarías de toda Galicia e a Conselleira.
Novas relacionadas
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántican galega.
- 25-05-2020: Os percebeiros de Muxía escoltan a súa costa contra a ameaza dos furtivos.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.
- Maio 2020: As confrarías, a piques de perder a paciencia cos bateeiros pola extracción da mexilla.
- Febreiro 2020: “As Confrarías teñen que ser as únicas que poidan extraer mexilla das súas rochas”.
- Abril 19: A Consellería e o sector bateeiro dispostos a negociar un maior control da extracción da mexilla.
- Marzo 19: Máis confrarías de todo o país únense á loita dos percebeiros por establecer controis á extracción da mexilla.
- Marzo 19: Varias confrarías únense para defender o percebe ante a extracción da mexilla.