Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Nace agora.gal, o novo agregador e distribuidor de contidos en galego

agora.gal 1
Nace agora.gal, o novo agregador e distribuidor de contidos en galego

Para os que formamos parte da Asociación de Medios en Galego, o nacemento dunha plataforma como Agora.gal é máis que unha boa nova. Este domingo 11 de abril de 2021, despois da primeira presetación realizada co gallo do Día dos Medios en Galego, terá lugar o lanzamento desta plataforma de agregación e distribución de contidos dixitais en galego que pretende ser unha porta aberta á internet na nosa lingua.

Os seus promotores levan 15 anos con proxectos semellantes como o Podgalego, o único espazo que agrega todos os podcast en lingua galega. A nova plataforma agora.gal xuntará a información de máis de 40 medios e blogues temáticos asociados e encadra

O obxectivo “é aportar valor para os lectores, que accederán desde a mesma páxina a boa parte do mundo online en galego, e tamén para os proxectos que apostan pola comunicación na nosa lingua, que aumentarán a súa visibilidade e o seu tráfico, contribuíndo así para a construción da comunidade dixital galega”.

Comentarios