Luns. 04.11.2024
El tiempo

FERROATLÁNTICA

“Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE”

Paulo Carril, con Alfonso Mouzo e Xabier Santos  nunha das concentracións ás portas de Ferroatlántica.Foto-Rafa Quintáns
Paulo Carril, con Alfonso Mouzo e Xabier Santos nunha das concentracións ás portas de Ferroatlántica.Foto-Rafa Quintáns
“Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE”

Tras 12 horas de mesa de negociación (de 17:00h a 5:00h da mañá), os tres membros da CIG volven dende Madrid a Galicia con acordo, pero sen sinatura. UGT, USO e CCOO si asinaron o acordo coa dirección da empresa. Non así a CIG, o único sindicato que representaba ás fábricas galegas, que en todo caso valora as cousas que melloran a situación da posta en marcha do ERE temporal de 2 anos, que entra en vigor este mesmo venres 1 de marzo.

”É unha barbaridade entrar nun ERTE tendo a concesión dunhas centrais hidroeléctricas que dan millóns de euros de beneficio”, explicaba Paulo Carril, Secretario nacional da CIG, na Radio Nordés. "Nós non firmamos polo que levamos dicindo todos estes días: para nós non é un ERTE legal, pois non hai causas económicas que xustifiquen esta medida laboral. Ademais a mesa negociadora está mal constituída porque exclúe a moitos representantes das fábricas. Ademais, a empresa non está disposta a garantir a continuidade dos postos de traballo porque, entre outras cousas, non está disposta a retirar o recurso que presentou ante a decisión da Xunta de non permitir a venda das centrais hidroeléctricas ao recoñecer a vinculación da concesión coa viabilidade das fábricas. Ademais a empresa non está disposta a arrincar os dous fornos apagados nos vindeiros 4-6 meses”.

En todo caso, Carril amósase relativamente satisfeito. “Conseguimos frear a versión máis dura do ERTE e impedir que toda a negociación se decida en Madrid”

Posibilidade de prorrogar o ERTE

Para a CIG este é a todas luces un mal acordo que non ten garantías de emprego e ademais deixa aberta a posibilidade de que este se prorrogue despois desa data. A central considera esta medida totalmente inaceptable tendo en conta a actual conxuntura, na que está en marcha o procedemento para a regulación dunha tarifa eléctrica para a industria con grandes consumos enerxéticos. Cuestión que a empresa non ten para nada en conta, ao igual que non pon en valor a vantaxe competitiva que lle supón ter concesións públicas en Galiza para a explotación das centrais hidroeléctricas da Costa da Morte e da mina de silicio de Serrabal (que quedan fóra do ERTE e nas que a produción está ao 100%).

Parte da negociación, no centro de traballo

”Non se dan estas garantías para asinar pero hai que deixar claro que negociamos inscansablemente defendendo a viabilidade e a garantía de futuro das fábricas, co interese de minimizar os efectos do ERE nas fábricas da Costa da Morte, que será do 40%”.

Un dos puntos acadados é que, a través do convenio colectivo, "conseguimos que aínda poidamos negociar a redución dese 40% de incidencia do ERTE se poida realizar noso centro de traballo. Cremos que a través de canles como a polivalencia, poidamos crear unha atenuación desta medida laboral”, sinalan dende a central.

Silencio da Xunta

”A Xunta de Galicia fixo caso omiso do que pediron os traballadores, que era traer a mesa de negocio ao centro de traballo”, denuncia a CIG. Por iso fai un "chamamento á Xunta para que actúe de inmediato, e se sume xunto cos traballadores e traballadoras e faga valer as cláusulas concesionais das minas e das centrais hidroeléctricas como mellor garantía da viabilidade das fábricas e do mantemento dos empregos".

Novas citas informativas e de mobilizacións

Este mércores 27 haberá asembleas informativas cos traballadores.

O día 28 toca reunirse coa Inspección de Traballo na que se estudará a valicez da mesa negociadora.

o venres 29, o Comité reunirase co Director Xeral de Industria do goberno estatal, trala negociación do PSdG de Cee.

E ademais a CIG convoca a todos os traballadores a unha nova concentración diante da fábrica de Brens para este venres 1 a partir das 12:00h, en defensa dunha regulación xusta para industria electrointensiva.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios