O Efa-Fonteboa organiza unha xornada sobre as pradeiras
08:07 18/10/16
Mañá terá lugar no centro de Promoción Rural Efa-Fonteboa de Coristanco unha xornada sobre as pradeiras que está dirixida aos estudantes do FP - CFGM de Produción Aropecuaria e CFGS de Gandaría e Asistente en Sanidade Animal - así como a profesionais interesados no tema. Ésta é unha actividade que se enmarca dentro do programa de actividades de formación continua organizado polo centro de ensino de Coristanco.
As xornadas comezan ás 10 horas coa intervención de Manuel Crespo - técnico do grupo Soaga - que se encargará de falar das distintas variedades comerciais de graminia e trévoles. Continuará Javier Blanco - técnico do departamento de nutrición animal de Coluga - para dar a coñecer os cultivos alternativos ao Raygrass, así como os custes de produción e as estratexias nutricionais.
Visita a unha pradeira
Despois dun descanso Manuel Crespo volverá a intervir para falar da orixe e das tendencias das pradeiras galegas. A sesión da mañá remata cunha mesa redonda. Despois da comida, os asistentes ás xornadas terá a oportunidade de visitar unha pradeira da zona implantada no ano 2012.
Os interesados en participar deben inscribirse no 981 733 051 ou no enderezo electrónico [email protected]
Novas relacionadas
- EFA Fonteboa presenta o seu programa de actividades de formación continua
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
- O Centro de Formación Rural Fonteboa, novo Bergantiñán do Ano.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
- A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
- A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- EFA-Fonteboa