sábado. 31.05.2025
El tiempo

O GDR toma nota en Bruxelas para seguir conducindo o rural

O GDR toma nota en Bruxelas para seguir conducindo o rural

Son moitas as posibilidades dos GDR. Son as entidades que reparten os fondos europeos, fondos que se levan dilapidando durante dúas décadas, e que rematarán tralo treiro 2007-2013. No 2010 tan só foron presentados 39 proxectos, pero quere intentar ser o motor do rural costeiro.

O xerente da asociación GDR Costa da Morte, José Antonio Vila García, representará a esta entidade nuhas xornadas que se desenvolverán en Bruxelas os vindeiros 19 e 20 de xaneiro. Unhas xornadas de formación, nas que participará concretamente no seminario ‘O LEADER como condutor do rural europeo’.

O obxectivo do seminario é compartir experiencias que permitan xestionar con maior eficacia os fondos europeos e mellorar o desenvolvemento socioeconómico dos entornos rurais da Unión Europea. Os convidados poderán, ademais, participar nunha serie de obradoiros de carácter práctico, como son ‘A implementación dunha estratexia de desenvolvemento local: xestión da calidade e da boa xestión financeira’ ou ‘Cooperación transnacional e redes LEADER na práctica’.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios