O IES Fernando Blanco anima aos maiores sen estudos a sacar a ESA

08:15 14/01/14

A día de hoxe xa non hai dúbidas da necesidade de ter, alomenos, a ESO. Pero moitas persoas seguen sen sacala adiante, e se cadra non saben como facer. Así, as persoas interesadas en facer o 2º curso de Educación para Adultos (ESA) no IES Fernando Blanco de Cee para acadar o título da E.S.O., terá aberto o prazo de matrícula ata o día 24 de xaneiro.
As clases comezarán o luns 10 de febreiro, en horario de 18:30 a 22:30 h.
Dende o IES Fernando Blanco animan ás persoas que desexan entrar no mundo laboral, ou que desexan mellorar as súas expectativas de traballo, a facer este curso.
Novas relacionadas
- Os alumnos de Cee aprenden a respetarse en clave de teatro.
- Unha nova máquina elevadora para o taller do IES Fernando Blanco.
Fonte
- IES Fernando Blanco.