O sector turístico reúnese para darlle o impulso definitivo ao Consorcio de Turismo da Costa da Morte


"A posta en marcha dun ente xestor do turismo da Costa da Morte é imprescindible para acadar o desenvolvemento turístico do noso territorio". Así de claro o ten o sector empresarial da Costa da Morte, tras confirmar que a perda de investimentos na Costa chega pola dun interlocutor único coas administracións.
Así, tras varios intentos de recuperar o Consorcio, o sector empresarial reúnese este mercores 13 de xullo, consciente da necesidade de contar cun ente que xestione de xeito profesional o turismo na Costa da Morte e desde a Costa da Morte. Un ente que funcione como interlocutor único en materia de turismo coas distintas administracións e no que todas as partes implicadas na planificación e posta en marcha das accións turísticas da Costa da Morte deben estar presentes.
Dende a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte valoran: "Non podemos seguir perdendo investimentos e actuacións en materia de turismo por non contar cun interlocutor único, e sobre todo, non podemos seguir traballando de xeito descoordinado porque o turismo estase a converter nunha das principais actividades económicas da Costa da Morte e por tanto é fundamental unha planificación a medio e longo prazo axeitada e non a corto prazo ou a golpe de subvención como estamos acostumados".
Por todo isto, a APTCM convoca aos seus socios e socias e a todos os empresarios e empresarias vinculados ao sector turístico do noso territorio á reunión que terá lugar o vindeiro mércores 13 de xullo ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo.
Novas relacionadas
- O “indignado” sector turístico reúnese en Fisterra para mellorar a atención turística.
- Intentan recuperar o Consorcio Turístico da Costa da Morte con participación pública e privada.
- Hoteis e casas rurais no Camiño non notan tanto a crise.
- O sector hostaleiro de Fisterra tamén está “indignado”.
- APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector.
- O sector da hostelería segue denunciando a competencia desleal.
- Necesidades do Camiño: Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa de APTCM.