Os atascos na AG-55 indignan aos usuarios
19:09 19/10/15
Atascos na AG-55-Foto-Pan
De traca é o que estamos a sufrir ca AG-55. Case un ano pagando unha peaxe de 55 céntimos por un treito de 8 quilómetros dos que 4 son dun só carril. As obras do enlace co porto exterior de Langosteira, que durarán ata a vindeira primavera, están provocando a perda dun servizo polo que seguimos pagando.
A cousa está sendo máis grave esta semana. As obras están sendo máis intrusivas, e mesmo se expuxo o peche do treito Arteixo-Coruña. Esta mañá non había sinalización ningunha e os atascos convertíronse en eternos.
Recoméndase pois que a xente que veña de Carballo cara á Coruña que saia na saída de Arteixo para evitar as colas. Dende a rotonda de Sabón, o máis aconsellable é coller a estrada de Meicende, xa que a de Vilarodís tamén está afectada polas obras.
Novas relacionadas
- 16-03-15: Máis obras na AG-55.
- De peaxe, obras e radares na AG-55.
- Piden a recuperación do proxecto integral da Autovía Costa da Morte.
- Setembro 2014: Mobilización de vehículos pola supresión da peaxe na AG-55.
- 28-07-14: O BNG pide no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55.
- 2011: A peaxe da AG-55 queda como está.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).