Os peques de Bergantiños aprenden a coidar os Bosques


Día tras día, os que máis preto están da nosa natureza, observan como bosques como a Ribeira da Pena seguen en regresión. “Abrir pistas, tirar valados antigos (moitos deles donde se asentan especies autóctonas) cortar (e cortar mal) grandes superficies de fragas, o paso de vehículos a motor por estes lugares... é moito máis agresivo que tirar unha árbore ao río. E nesa liña de concienciación para o coidado dos bosques traballou Senda Nova durante estas pasadas semanas.
E como aprenderon as máis de 60 persoas que se achegaron á Ribeira da Pena para participar na Xornada de Interpretación dos Bosques que Senda Nova armou. Disfrutar de como comeza a xurdir despois do longo inverno a través de pequenos brotes de vida no bosque foi un luxo na Ribeira da Pena, nunha xornada na que pequenos exploradores comprobaron o bo estado de saúde tras moitos anos de esquecemento.
Como disfrutaron pequenos e maiores, cruzando as pontes artesanais, moendo o millo no muíño de Xesús de Regueiro, para rematar no Castro de Aldemunde e na xoia neolítica da Pedra Moura, sempre guiados pola sabedoría da culttura castrexa e megalítica de Evaristo.
Posted by Senda Nova on Luns, 30 de Marzo de 2015

Tamén o pasaron en grande os 40 cativos que se achegaron ao parque do Anllóns para celebrar para celebrar o Día da Árbore. Traballaron arreo para deixar un lugar máis xeitoso, prantando árbores autóctonas entre outras actividades. Unha demostración de que o esforzo e o comprimiso axudan a manter vivos ecosistemas, unha lección fantástica para os cativos.
Agardan dende Senda Nova que os 25 carballos e cereixeiras medren a cando os padriños e madriñas que lle darán os coidados cerca do río de Bergantiños. E agardan que “estes nenos e nenas que plantaron onte sexan os embaixadores da idea.”
Primavera en Ruta
E xa sen tempo a descansar (esta xente de senda nova non para), chega o proxecto máis antigo de Senda Nova: A Primavera en Ruta. Esta 6º edición presentarase no local social de Sofán. Tempo para xuntar de novo esforzos e botarse ao monte. Tempo de coñecemento, de deporte, de ver a vellos compañeiros de andaina e de coñecer aos que nos agardan.
O vindeiro 7 de abril será a presentación das rutas:

Novas relacionadas
- O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, o novo Bergantiñán do Ano.
- Aprendendo ecoloxía dende o berce.
- Maiores e pequenos manteñen vivas as Historias de Inverno.
- “Traba forma parte de min”.
- Escoitando aos avós á calor da lareira.
- Andar como menciña natural.
- Senda Nova achegará a Bergantiños a mozos europeos co Proxecto XEM.
- Senda Nova segue creando canteira de compromiso.