Piden a liberación da peaxe da AG-55 no Parlamento
Nunha intervención no Pleno do Parlamento Galego, a voceira de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, o PSOE, co apoio do BNG, solicitaba a liberación das Peaxes da AG-55, ademais da de AG-57 que une Puxeiros e Val Miñor.
Lembrou que naceu en 1993 con carácter público e gratuíto, ata que en 1997 se privatizou, cando se inaugurou o treito Laracha-Carballo, protagonizando un “espolio” e un claro “agravio fronte ao resto da cidadanía galega” cando as demais vías de altas prestacións da comunidade son de balde.
“Dende o primeiro momento, o vial contou cunha gran oposición social, algo que continúa presente debido ao lastre económico que supón para as comarcas de A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte, así como para o asentamento da poboación nas zonas rurais destas comarcas”, sinalou a socialista, ao lembrar que teñen un estas peaxes teñen un custo “excesivo” e cuxa concesión foi prorrogada polo PP ata 2045.
A vista de todos é que a redución de tarifas “para empresas de transporte e en horario noctuno”, é “insuficiente” para a cidadanía afectada. Por todo isto, a deputada instou á Xunta a presentar, no prazo de seis meses, os estudos precisos para proceder á “liberalización” destas dúas peaxes, así como establecer “de xeito inmediato” a rebaixa das peaxes para a totalidade das persoas usuarias”.
O responsable do BNG lembrou o “clamor social” contra as peaxes, e reiteireou a “discriminación e inxustiza” que vive a nosa comarca.
A única resposta do PP, na voz de Diego Calvo, é a acusación de que o PSdG debería facer o mesmo nas autoestradas estatais.
Novas relacionadas
- Abril 21: Caballero pide a liberación da peaxe da AG-55.
- Febreiro 2019: A peaxe da autoestrada A Coruña-Carballo volveu, con poucos cambios, ao Parlamento.
- Novembro 18: A nocturnidade e alevosía da baixada da peaxe da AG-55.
- Xullo 2016: Ata o alcalde popular de Arteixo pide a supresión da peaxe da AG-55.
- Xuño 2016: A Deputación esixe a supresión da peaxe da AG-55.
- O Parlamento non eliminou a peaxe AG-55.