Martes. 19.03.2019
El tiempo

A Plataforma Pediátrica convoca ás familias a unha reunión co portavoz de Sanidade do PP

A Plataforma Pediátrica convoca ás familias a unha reunión co portavoz de Sanidade do PP

Este venres 15 de febreiro ás 16:00h, o parlamentario carballés e portavoz de Sanidade do Partido Popular, Aurelio Núñez, vai manter unha reunión coas familias afectadas polos recortes no sistema de pediatría. Despois do nulo compromiso que recibiron do PP na súa reunión no Parlamento Galego, Núñez quere manter unha nova reunión en Muxía, xunto cos alcaldes dos concellos afectados.

Unha realidade que está mobilizando ás familias de Zas, Muxía e Dumbría, pero unha problemática que se extende a Carnota, a Cee, cun centro de saúde absolutamente saturado, ou a Fisterra, onde acaban derivando as baixas que se seguen sen cubrir.

Por iso, para contarlle ao voceiro do PP a problemática polo miúdo, a Plataforma contra os recortes en Pediatría da Costa da Morte convoca a familias de toda a bisbarra a achegarse este venres 15 ás 16:00h ao Salón de Actos do Voluntariado de Muxía.

Novos pasos en Zas

Coordinadora Zas sen recortes en pediatria no Concello copia

Paralelamente os membros da Coordinadora Zas Sen Recortes en Pediatría rexistraron a pasada mañá no Concello de Zas a solicitude para a celebración dun pleno extraordinario urxente. A través desta medida, os pais e nais pretenden que a corporación municipal do Concello de Zas apoie todas as accións que se teñen previsto realizar co fin de que o noso municipio recupere o servizo completo de pediatría.

 

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios