Venres. 19.04.2024
El tiempo

Pola mellora dos ríos de salmón

Pola mellora dos ríos de salmón

Son varios os ríos "salmoneros" da provincia da Coruña. Aí están os Anllóns, o Eume, o Mandeo, o Tambre, o Castro ou o Grande, como vemos varios desembocan na nosa bisbarra. Pero a calidade das súas augas vai caendo no sentido contrario ao "desenvolvemento económico".

Esta semana, a entidade Ríos con Vida, a que conseguíu coas súas denuncias a reapertura da fervenza do Xallas, continúa, nte a desidia de Augas de Galicia e a Consellería de Medio Rural, coa campaña pola mellora dos ríos salmoneros galegos iniciada en 2008.

O obxectivo principal desta campaña baséase en abordar medidas dirixidas á mellora do hábitat, como a revisión concesional e a adecuación das presas hidroeléctricas dos ríos Anllóns, Eume, Mandeo, Tambre e Grande, eliminando os obstáculos obsoletos e facendo que retorne a auga ás súas canles, así como o cesamento das verteduras residuais urbanos e industriais, a contaminación procedente das granxas e piscifactorías e a colmatación por sedimentos procedentes da actividade forestal e de obras públicas.

Denuncian dende Ríos con Vida, que "Augas de Galicia non foi capaz de obrigar aos concesionarios a cumprir as cláusulas das concesións. Hai casos moi graves como a desecación do Eume por parte de Endesa, os abusos sobre o Grande, o Mandeo e o Anllóns, a derivación de todo o caudal do Castro pola piscifactoría de Tres Mares ou a carencia ilegal dunha escala íctica na presa de Cecebre".

Nestes tres anos Ríos con Vida insistiu á Administración a necesidade de realizar traballos de xeito inmediato para cumprir co establecido na Directiva Marco da auga, que se rexe polo principio da consecución do "bo estado ecolóxico" e o de evitar calquera deterioración adicional.

Pola conservación do salmón

Sobre a conservación dun dos símbolos de Galicia, o salmón, a entidade xa enviou numerosas cartas á Xunta "solicitando datos, pedindo traballos e esforzos que en tres anos non se iniciaron, para ruborizo dos responsables do Servizo Provincial da Coruña e da Consellería de Medio Rural, que permitiu este continuo abandono".
Apuntan que "unicamente recibimos a noticia desde o Servizo da Coruña sobre a instalación dun contador de peixes no Mandeo, que leva instalado dous anos e que a día de hoxe non lograron pór en marcha de xeito eficaz, co evidente malgasto de fondos públicos" Un contador que en todo caso non é unha ferramenta de mellora das poboacións nin do hábitat, senón que unicamente é un elemento que facilita datos para a xestión da explotación das poboacións de salmón atlántico".

Se as melloras de hábitat non se puxeron en marcha, tampouco se pode dicir que o coidado das poboacións residuais dos ríos da Coruña sexa efectivo. Nestes tres anos sábese de salmóns capturados por pescadores en augas do Eume, Xubia, Tambre, Lambre e Grande, pero non se deu ningún tipo de protección ás poboacións minguadas destes ríos, que subsisten sen ningún coidado oficial fronte á degradación dos ríos e o furtivismo.

No capítulo de repoboacións con salmón autóctono tamén solicitaron reiteradamente que se incluíse a provincia da Coruña nos seus plans, xa que a día de hoxe os datos son demoledores: Nos últimos 16 anos en toda a provincia coruñesa liberáronse menos de 18.000 alevíns, mentres que nos ríos de Lugo e Pontevedra fíxose cunha media de case 40.000 alevíns anuais por río.

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios