Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP confiado en que os pactos non eviten as alcaldías de Coristanco e Malpica

PP comarcal carballo
O PP confiado en que os pactos non eviten as alcaldías de Coristanco e Malpica
O PP confiado en que os pactos non eviten as alcaldías de Coristanco e Malpica

Nos 18 concellos da Costa da Morte o PP conseguíu 2 maiorías absolutas, se ben foi primeira forza en outras 5. En Bergantiños, ademais da alcaldía de Laracha, sumou unha valiosa maioría en Laxe, colocando a José Luís Pérez Añón como alcalde, e mantivo a maioría de José Muíño en Cabana. Ademais, en Malpica e Coristanco o PP situouse como primeira forza, e dende o partido a nivel provincial esperan que Eduardo Parga poida seguir gobernando e que José Antonio García estree candidatura co bastón de mando.

Así o sinalaba Diego Calvo esta fin de semana nunha reunión comarcal celebrada na capital bergantiñán. Calvo, celebrou a vitoria de Pérez Añón en Laxe, un feito histórico recuperando esta alcaldía logo de máis de 20 anos.

Sobre Malpica esperan que “o resto de forzas saberán entender que a xente de Malpica deixou claro que quere a Eduardo como regidor. Espero que os intereses particulares dalgúns non primen por encima dos xenerais”, apuntou.

Máis rotundo foi en clave coristanquesa. “Un pacto de perdedores, composto por ata 3 partidos, non é o mellor para Coristanco. Temos a mala experiencia do sucedido nos últimos anos, e agora o mellor para o municipio é que a formación con máis votos tome os mandos do concello”, afirmou.

Todas as novas das Eleccións

Comentarios