Sábado. 17.08.2019
El tiempo

A primeira #AxendaCostadaMorte de agosto mestura folk, deporte, artesanía, verbena e humor

Arriba, imaxes do Festórreo de Lira e da Carballeira de Zas. Abaixo o Encontro Pirata de Fisterra, a Festa da Praia do Ézaro, e a Mostra de Olería de Buño.
Arriba, imaxes do Festórreo de Lira e da Carballeira de Zas. Abaixo o Encontro Pirata de Fisterra, a Festa da Praia do Ézaro, e a Mostra de Olería de Buño.
A primeira #AxendaCostadaMorte de agosto mestura folk, deporte, artesanía, verbena e humor

Chega absolutamente radiante a #AxendaCostadaMorte para esta primeira fin de semana de agosto. Non nos caben as citas en www.axendacostadamorte.com, polo que facemos un repaso completo pasando dende as citas máis importantes, a todas as cousas pequenas que acontencen na nosa bisbarra.

Parte de Meteogalicia

Tanto venres como sábado e domingo serán moi semellantes, con temperaturas como as destes días entre 20-24º. Falamos pois dun tempo tranquilo, cos ceos con nubes compactas e algunha brétema pola mañá, sobre todo no litoral, pero cara o interior e cara a tarde abriranse máis claros. O domingo pode que caia algún orballo mañanceiro. Non hai aviso no mar, porque ademais hai pouco vento.

As grandes citas

XXXVI Festa da Carballeira de Zas

A festa musiqueira por excelencia de toda a Costa da Morte. A festa da música folk do país. O mellor auditorio natural de Galicia, a carballeira de Velar, vivirá este venres 3 e sábado 4 artistas da talla de Susana Seivane, Dakidarría, Tanxugueiras, Korrontzi ou Celtic Social Club. Un deses festivais que nunca te podes perder.

Mostra de Olería de Buño

Outra das citas máis importantes da fin de semana é a Mostra de Olería de Buño, un compendio de actividades (exhibicións en vivo, rutas, degustacións, exposicións, actividades, concertos, sesións dj) arredor desta artesanía centenaria.

XXXIV Festa da Praia do Ézaro

Deporte, natureza e troula maridan á perfección na XXXIV Festa da Praia do Ézaro, que comeza o venres pola mañá en clave de volei praia, e remata o domingo en clave de pasodoble.

Festa do Longueirón e Encontro Pirata de Fisterra

O sábado, canda a sesión vermú, abren os chirincguitos para degustar un dos mellores mariscos do país. Ademais, a partir das 18:30h, espectacular representación do Desembarco Pirata na zona da Ribeira, zona 0 do auténtico festón fisterrán. A festa non parará ata a noite dominical, co concerto de A Banda de Balbina.

Festórreo de Lira

Este ano, o Festórreo de Lira autodenómicase CabaseiraFest, como singular parodia da moda festivaleira que asolaga o país, reivindicando a festa tradicional de toda a vida, pero dende a particular visión retranqueira da xente da A.C. Canle. O sábado, durante toda a tarde no propio hórreo liracho.

Citas festexeiras

Máis citas singulares

EXPOSICIÓNS

  • O Faro Vilán acolle a exposición do artista alemán afincado en Malpica Peter Kramer.
  • Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición 36MesesStoupando para celebar o seu 3º aniversario, ata principios de setembro de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios