venres. 08.11.2024
El tiempo

A Rede da Costa abre a súa plataforma virtual para todos os negocios da comarca

Rede da Costa aberta por confinamento
A Rede da Costa abre a súa plataforma virtual para todos os negocios da comarca

Unha das cousas que máis está favorecendo esta corentena, é a redución da fenda dixital. Parece que as novas tecnoloxías xa se afianzaron nas nosas vidas, e a rede xa vai pasar formar parte habitual das nosas realidades, tanto a nivel empresarial como persoal.

O pasado mes de xullo nacía a Rede da Costa, un espazo virtual pensado para dinamizar a comarca a través da rede, enfocado a visibilizar os pequenos negocios da zona nesta loita contra o mercado global da internet. Os creadores do infojobs costeiro queren aportar o seu grao de area e abren a plataforma dixital a todos os negocios que queiran ter unha mellor presencia na rede.

Así, invitan a todo o mundo a incluír a súa empresa na web rededacosta.com, editando e publicando a súa ficha para que estea activa e visible durante un ano.

Ofrecen ademais un servizo de asesoramento, contactando en [email protected].

Comprometidos co comercio local, recordan da importancia de “mercar na tenda do lado para non deixar morrer o noso comercio”.

 

Novas relacionadas

Comentarios