Martes. 08.10.2024
El tiempo

Remata un duro verán en Salvacadelos

Remata un duro verán en Salvacadelos

Rematou o verán. Un verán no que se produxeron máis abandonos que nos últimos anos. Non só tralo remate da época caza, que sempre deixa algún que outro beagle perdido polos montes. Se non que este verán houbo moitos animais que apareceron polas rúas da bisbarra. E isto, unido á problemática de atopar unha familia de acollida neste tempo de verán.

Os problemas cada periodo estival repítense. Como eses cans que os peregrinos se atopan polos camiños e adoptan pensando que están abandonados. Cans, que ao remataren os peregrinos o seu Camiño si que se convirten en abandonados e vagan polas rúas de Fisterra.

Pero non todas as historias son malas, como a veterinaria de Argos Irene García Patiño contaba en Radio Nordés esta semana. E de feito, en breve coñeceremos a historia dunha familia exemplar.

3 cachorriños buscan fogar

E voltamos á realidade. Hoxe buscamos familia para estes 3 agarimosos cachorriños, de apenas un meseciño, de raza pequena. O marronciño que aparece só é macho, e na foto dos dous o gris é macho e a marrón é femia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios