Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Rouco Son, unha nova revista para espallar o metal e rock galegos

Logo Rouco Son
Rouco Son, unha nova revista para espallar o metal e rock galegos

Xa teñen falado, por exemplo, da banda pontecesá Lóstregho, ou de bandas históricas da rexión coma Traboute ou Glut!, pero nos confirman que axiña farán de moitas máis entrevistas pois teñen pendentes falar dos vimianceses Teima, dos carballeses Fuzquenlla, ou de Talesien, fundados na Laracha. “Así que a Costa da Morte terá un peso especial nas nosas páxinas”, cóntannos de a nova revista de metal galego Rouco Son.

Unha revista con edición dixital e de papel, que ten varios números na rúa e na rede espallando o rock, o punk ou o metal feitos en Galicia. E ademais faino en lingua galega, cunha especial atención aos artistas que tamén empregan esta lingua na súa música.

Ademais de actualidade tamén repasan a historia da música galega con reportaxes sobre o rock progresivo dos 70 feito en Galicia ou sobre a historia do metal feito en galego.

A revista está editada por Libre Expresión de Medios de Galicia SL e dirixida por Javier Carnota, mentres que Jacobo Mouriño Almeida é o coordinador de contidos. A súa edición física é totalmente gratuíta e repártese polos principais centros neurálxicos da escena, coma bares rockeiros, pubs, tendas de discos, tendas de instrumentos, escolas de música ou estudios de tatuaxes, e tamén en centros sociais ou facultades. O seu obxectivo é contribuír a dar a coñecer a nosa música nos xéneros antes mencionados, e potenciar o uso do galego tanto para interpretar esa música como para falar dela.

Novas musiqueiras

Comentarios