Salvacadelos forma familias ata en Lalín

13:40 05/05/11

Non deixamos de sorpredernos da incidencia que ten Salvacadelos ao longo da xeografía galega. Xa non é a primeira vez que conseguimos formar familias fóra da Costa da Morte, pero cada vez que sabemos unha destas historias non podemos quedar calados.
Levaba más dun mes esta cadeliña baiesa buscando familia en Salvacadelos. E foi un flechazo. Esta veciña de Lalín atopouna pola rede, a través do noso Facebook. E namourou tan encarecidamente dela que se achegaron ata a Clínica Veterinaria Argos de Cee de contado para adoptala.
Así, a nosa amiga baiesa ten que emigrar, pero máis contenta que unhas pascuas, vacunada e identificada con microchip, como ten que ser.
Máis información
Máis cadelos que buscan fogar
- Un novo cadelo abandonado polas estradas da comarca fisterrá.
- 5 novos cadelos aparecen abandonados e sen chip polas estradas da bisbarra.
- Salvacadelos énchese de inquilinos que buscan un novo fogar.
- Varios abandonos de cans en Dumbría e varios cadelos precisan familia con urxencia.
- Aparecen abandonados nunha caixa tres cadeliños.
Novas relacionadas
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
- 3 novas familias salvadoras en Salvacadelos.
- Novas de ida e volta en Salvacadelos.
- Rito xa viste de negro coa súa nova familia de Salvacadelos.
- Presentación en socidedade de Salvacadelos.
- As mamás de Salvacadelos.
- Unhas veciñas de Camariñas, as heroínas de Salvacadelos.
Fonte
- Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).
- Clínica Veterinaria Argos de Cee.