Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Sandra Vilela pon en valor as Casas do Maior e invita a máis concellos a solicitalas

Casa do Maior da Costa da Morte. VISITA SANDRA VILELA
Sandra Vilela pon en valor as Casas do Maior e invita a máis concellos a solicitalas

A deputada autonómica do Partido Popular, Sandra Vilela, mantivo nos últimos días unha reunión cos representantes de Colaxe, cooperativa responsable da xestión das Casas do Maior que a Xunta de Galicia ten na comarca da Costa da Morte –Camariñas (2), Mazaricos (2), Coristanco (3), Laxe, Cee, Muxía e Ponteceso-.

Vilela quere poñer en valor estes mini-centros de día, que xa suman 125 en toda Galicia con 520 prazas gratuítas de atención diúrna en mediano e pequenos concellos onde antes non existían servizos semellantes. 

Ademais, aproveitou para sinalar que os orzamentos do 2024 inclúen un incremento dun 20% da partida destinada ás casas do maior o que suporá un investimento de 4,7 millónes de euros.

Máis novas

Comentarios