Martes. 23.04.2024
El tiempo

O sector turístico amosa as positivas cifras de ocupación da Semana Santa

O sector turístico amosa as positivas cifras de ocupación da Semana Santa

Fai balance hoxe a Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) da ocupación nesta semana santa do 2023. Faino analizando unha equisa entre os seus 130 socios, distribuída por sectores empresariais (hoteis, restauración, actividades de turismo activo, transportes e outros), cunha participación de máis do 75%. Unha enquisa que segue a liña da profesionalización do sector, que serve para poder “ter unha fotografía real da actividade turística na zona”, neste caso nas datas sinaladas, pero que se repetirá tamén nos vindeiros meses.

”Queremos información baseada en datos reais, o que no vai a permitir detectar e polo tanto valorar melloras e propostas de traballo futuro naqueles sectores onde a ocupación non sexa tan elevada” así como outro tipo de iniciativas nas que estamos a traballar”, explica Pepe Formoso, presidente de APTCM, que fai unha “valoración positiva” dos datos de ocupación.

Así, os aloxamentos tiveron un 85% de ocupación en semana completa e máis do 90% de ocupación nos días festivos.
Mentres, a Restauración recoñece que tivo 100% de ocupación tanto durante a semana que durante os días festivos.
Menos impacto tivo a época nas actividades de Turismo Activo, cun 40% no cómputo de semana completa e 60% no tramo de días festivos.
Mentres que o sector dos transportes contabiliza un 70% de ocupación en ámbolos períodos.

Cómpre destacar que o comercio foi un dos grandes beneficiados sendo según fontes consultadas “unha semana santa histórica neste sector”.

Crónicas da Semana Santa na Costa

Comentarios