Ten moito de nova, pero non tanto de “normalidade”. Benvidxs á última fase
Após o Decreto do Presidente da Xunta esta fin de semana, inauguraremos ás 00:00h do luns 15 de xuño a chamada "nova normalidade", e seremos o primeiro territorio do Estado en facelo.
🔴Actualización del mapa de #Desescalada:
— Ministerio de Sanidad (@sanidadgob) June 12, 2020
Con motivo de la solicitud de Galicia de pasar de #Fase3 a la Nueva Normalidad.
➡️Desde el próximo lunes, 15 de junio, la Comunidad Autónoma de Galicia se encontrará en la Nueva Normalidad. pic.twitter.com/tnCHjVM3yt
Implica isto que xa rematou todo e que xa saímos da pandemia? NON!
O noso país segue en estado de emerxencia sanitaria, e non debemos esquecernos disto. Non estraguemos agora a fráxil estabilidade que temos conseguido, cunha evolución en positivo dos datos epidemiolóxicos.
Este novo período é en realidade unha fase máis, só que non ten unha duración concreta prevista. Este novo período durará o tempo abonda até que sexa posta en disposición unha vacina, ou unha terapia efectiva e con solvencia científica suficiente; isto é, até que o Goberno Central dea por finalizada a declaración de crise sanitaria.
Neste sentido, a distancia social (recordade que agora é de 1,5m e non de 2) e o uso de máscara son medidas que se manterán até novo aviso. E o mesmo ocorrerá con outras moitas limitacións e prevencións. Outro factor a recordar é a referencia do Goberno galego con respecto ás medidas. A diferencia doutras fases, nesta xogaremos co BOE por unha banda, e co DOGA por outra (velaquí a norma estatal de referencia; e aquí a norma galega); mais cun protagonismo progresivamente maior deste último.
Aclarado todo iso, veña, imos a polas novidades que estrearemos dende o luns.
Aumento de capacidades (ou o imperio do 75%)
Se algo caracteriza á nova normalidade é o aumento do número persoas permitidas en eventos, edificios e celebracións.
Así, nos velorios poderanse xuntar 60 persoas en espazos abertos, e 30 en espazos interiores.
En centros comerciais subimos ao 75% de capacidade dentro dos locais, cun 50% nas zonas comúns.
Bares, hoteis, restaurantes e aloxamentos turísticos pasan igualmente ao 75%, cun 80% nas terrazas. E esta mesma porcentaxe rexerá para os mercados Municipais.
Museos, piscinas e recintos deportivos soben tamén ao 75, con límite en 300 persoas en espazos interiores e 1.000 en aberto; e os cines, teatros, auditorios e circos quedan tamén nesa cifra máxica do 75%.
Novidades "de verdade"
E logo... todo isto da "nova normalidade" é só un baile de números?
Pois non exactamente.
Xs nenxs recuperan os parques infantís! Sempre que sexa ao aire libre. Tamén poden volver as pistas de skate e parques bio-saludábeis.
Esquecemos os números nas xuntanzas familiares, que poden celebrarse con independencia das persoas asistentes.
Volverán paulatinamente tamén as actividades presenciais na formación profesional e tamén nos obradoiros de emprego.
A Xunta restrinxe, con respecto ao réxime estatal, o uso de discotecas e lugares de lecer nocturno. Namentres o BOE permitía abrir o interior ao 30% (e así volo contamos no artigo sobre a Fase III), só poderán abrir no país as terrazas destes establecementos.
Aforos ao 75% ña #novanormalidade a partir do luns #sentidiño pic.twitter.com/YZ2TLrZa3x
— Comercio360 (@Comercio360_Gal) June 13, 2020
E cal será o seguinte paso?
A regulación da Xunta publicada onte establece que a partir do 1 de xullo poderán tomarse medidas adicionais, e que afectarán ao lecer nocturno, ás festas e verbenas e ás celebracións infantís.
Se a situación epidemiolóxica segue a evolucionar favorabelmente, veremos novidades no final de xuño e/ou inicios de xullo. Do mesmo xeito, nos meses posteriores deberemos estar atentos ás medidas que o Goberno galego vaia poñendo en marcha; e das que vos daremos boa conta.
Por último, recordemos que esta “nova normalidade” só se aplica á Galiza. Por tanto, non poderemos movernos a outras Comunidades Autónomas do Estado polo de agora. Temos que agardar á fin do estado de alarma no conxunto do Estado para poder facelo (en principio acontecerá o día 21 de xuño).
Unha “pequena” trampa
Que de pequena ten pouco.
Ter superado a Fase III fai que a Galiza saia das medidas do estado de alarma (pois así o indica o artigo 5 do derradeiro Real Decreto de prórroga).
E isto ten cousas boas, pero non perdamos de vista que tamén coloca varios puntos preocupantes, pois cesan varias das medidas extraordinarias que podían beneficiar a colectivos especialmente vulnerábeis, como aquelas que prevían a garantía de subministro eléctrico ou de enerxía nos fogares.
Tanto é así, que a Xunta vén de anunciar medidas adicionais para intentar paliar os efectos máis pernicioso deste abandono das medidas do estado de alarma.
- Miguel Vieito Villar. Avogado en exercicio e consultor. @MiguelVieito.