Domingo. 06.10.2024
El tiempo

As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga

Manifestacion das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar en Santiago 2
Manifestacion das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar en Santiago
As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga

Nova xornada de folga a vivida este martes no seo dos Centros de Día e Escoliñas dependente do Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta. As traballadoras de toda Galicia secundaron a folga, a pesar dos servizos mínimos abusivos e co apoio de todas as familias, e acodiron á manifestación-cacerolada celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, dende a Alameda ata o Parlamento Galego onde fixeron soar os seus “instrumentos” para faserse oír ante todos os deputados.

Unha manifestación para loitar contra a resolución pola vía unilateral da súa irregular situación laboral dos últimos 12 anos provocados pola irresponsable política de contratación da administración autonómica.

A folga indefinida, convocada pola CNT, implica un martes completo de cada dous. “Seguiremos loitando polo que, por xustiza é noso. Sabemos que isto é molesto para as familias e usuarios dos servizos, pero entendemos que se nos marchamos, sería moito máis malo para eles. Queremos agradecer a súa comprensión, a pesar de todo, pois polo momento están, en xeral, respectando a situaciónas”, explica Lorena Alvite, do Centro de Día de Muros.

En calquera caso, ”os ánimos están quentes, porque seguimos sendo ignoradas”, explican dende o Comité, unha vez que a Xunta segue sen negociar co Comité de folga, a pesar da teórica obrigatoriedade legal de facelo.

As traballadoras mentres están realizando unha colleita de sinaturas. Xa van máis de 500 sinaturas das traballadoras e agora a colleita está aberta a todas as xentes que queiran apouar a casa, puidendo atopalas follas en todos os centros.

Manifestacion das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar en Santiago

Novas relacionadas

Comentarios