Os traballadores de XEAL retoman as mobilizacións

Este vindeiro luns volven as mobilizacións ás portas da fábrica de Brens

Despois de criticar con dureza, o ERTE presentado pola dirección de XEAL (ERTE asinado en Madrid, non no centro de traballo, hai 11 meses; e que estaría vixente dende este 24 de setembro ata febreiro de 2021), o Comité de Empresa convocaba sendas asemblea de traballadores.

A decisión foi retomar as mobilizacións que xa teñen un calendario:

  • Luns 21, concentración diante da fábrica de Brens (Cee), ás 14:15 horas.
  • Mércores 23, concentración diante do Concello de Cee, ás 19:00 horas.
  • Xoves 24, concentración nas centrais hidroeléctricas, ás 19:00 horas.

Reunión ca xunta

A asemblea tamén solicita reunións coa consellarías de Economía e Industria e coa consellaría de Emprego e Igualdade, para abordar a crítica situación das fábricas e esixir unha intervención inmediata da Xunta para esixir o plan de viabilidade.

 

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA