Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración

As traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar valoran a sentenza
Manifestacion das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar en Santiago 2
Manifestación das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar en Santiago hai unhas semanas
O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración

Pau xudicial á Xunta de Galicia e á súa política laboral. Son moitos os eidos nos que acontece, o máis inmediato, o problema coas traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar, que tras 12 ou 14 anos traballando con contratos temporais (de xeito irregular por culpa da administración, vense afectadas por un intento da propia administracións de sacar ás súas prazas a unha nova oposición.

Pois as traballadoras teñen un gran argumento máis ao seu favor. A Sala do Social do TSXG vén de emitir unha sentenza na que deixa claro que a evidente paradoxa de que se xa propia administración quen incumple as súas normas é ilegal, considerando que “incorre en fraude cos interinos de longa duración se incumpre a súa obriga de convocar esas prazas”.

Os maxistrados do TSXG explican que o criterio sostido “por unha consolidada liña xurisprudencial” considera que a relación laboral do traballador interino por vacante devén indefinida “cando se supera o límite temporal máximo de tres anos para a súa cobertura desde que a mesma quedou deserta”. Se ben o TSXG confirma que a cifra de 3 anos non é automática, parece que as demandas das traballadoras das 12 ou 14 anos con contratos temporais si deberían estar amparadas por esta sentenza.

O Tribunal emite esta sentenza en relación a un posto que se levaba cubrindo de xeito irregular dende 2001, deixando claro que “a Xunta tivo tempo suficiente para prover o devandito posto, co que a relación laboral do demandante deveu indefinido non fixo”.

Novos pasos na folga

Agora, as traballadoras do Consorcio,teñen este martes 8 ás 12:00h, cita no Rexistro do Parlamento para entregar as miles de sinaturas de apoio, solicitando que se produza a negociación co comité de folga. Pola tarde, como na última xornada de folga, haberá concentracións a nivel comarcal, para favorecer que esas persoas designadas como servizos mínimos, poidan acudir tamén, así como familiares, amigos,…

Novas relacionadas

Comentarios